Este luns, día 15, ábrese o prazo para que os usuarios poidan desfrutar o bono turístico impulsado pola Xunta de Galicia nos case 500 establecementos adheridos ata o momento. En total, descargáronse 16.666 bonos que supoñen unha inxección ao sector de 2.500.000€ dos cales Turismo de Galicia financia 1 millón. Cada persoa puido acceder a un máximo de dous bonos, cada un dun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta e nun 60% polas persoas solicitantes.
Na actualidade están adheridos 495 establecementos das catro provincias: 194 na Coruña, 91 en Lugo, 63 en Ourense e 147 en Pontevedra. O prazo para que os establecementos continúen sumándose a este produto remata o 1 de decembro deste ano.
Poden apuntarse aqueles establecementos da comunidade autónoma e axencias de viaxes que teñan un centro de traballo en Galicia e desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado á comunidade.
Atención especial aos concellos afectados polo lume
Así, tendo en conta a situación deste ano tras a vaga de incendios do verán, desde Turismo de Galicia animarase mediante accións promocionais a que os usuarios do bono o invertan en establecementos de concellos afectados polo lume, nun intento de reactivar a actividade turística destas zonas. Ademais, lembrarase que está aberto o prazo para que poidan adherirse a este programa ata comezos de decembro.
A Xunta fomenta con esta iniciativa que xurdiu en 2020, a desestacionalización e desconcentración do destino Galicia, fomentando a visita en épocas fora da tempada alta.
Tamén en vigoalminuto
- Renfe mantiene suspendidos los trenes a Vigo, al menos hasta el martes
- La Policía Nacional desmantela en As Travesas un ‘punto negro’ de venta de droga a menores
- Del “encantado” al “nos esquilman”: los giros de Abel Caballero con la Diputación en apenas un año
- Temporal y trenes cancelados: PP y BNG cargan contra Renfe, Adif y el silencio de Abel Caballero
- Vigo sigue sin trenes y sin explicaciones
Desde que se puxo en marcha este programa activáronse máis de 63.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 15,5 millones de euros no sector turístico galego. Deles, 2,5 millóns foron só en 2024 cando tamén participaron máis de 400 establecementos de toda Galicia.





