Galicia

Apoio masivo á manifestación en esixencia de máis docentes e máis recursos para o sistema educativo galego

Acusaron á Xunta de encadear anos de recortes e de manipular os datos para agochar que faltan 800 profesores

Apoio masivo á manifestación en esixencia de máis docentes e máis recursos para o sistema educativo galego

Milleiros de persoas denunciaron este sábado nunha manifestación polas rúas de Santiago, a persistente falta de profesores e de recursos, tal e como advertiran antes de que comezara o curso, hai xa unha semana.

A mobilización, convocada pola CIG e apoiada polas ANPAS, organizacións estudiantís e colectivos docentes, serviu para denunciar a fallada planificación da Consellería de Educación e alertar das moitas incidencias que estanse a producir nos centros de ensino pola falta de persoal docente, a sobrecarga de traballo e o elevado número de alumnos por aula, todo iso debido aos «anos de recortes da Xunta». de profesorado e recursos no sistema educativo galego, tras o inicio do curso esta semana.

Faltan 800 profesores e profesoras

Baixo o lema «Rectificar, recuperar, recoñecer», os responsábeis sindicais repetiron a súa advertencia de que, dacardo cos datos da propia Consellería de Educación, en Galicia faltan 800 profesores, o que fixo que máis de 5.000 alumnos e alumnas estivesen sen profesor boa parte das xornadas lectivas. 

O apoio á convocatoria, entenden os responsábeis da CIG, deixou en evidencia a propaganda que durante os últimos días despregou a Consellaría a respecto dos datos de alumnado e profesorado neste curso.

Así, a secretaria nacional da federación nacionalista, Laura Arroxo, en declaracións aos medios volveu instar ao conselleiro a que dea o dato por etapas e niveis educativos «porque o único profesorado que aumenta é o da FP, que o contan nas cifras globais porque lles favorece pero non contan este alumnado, mentres que en infantil e primaria estes dous últimos anos o que hai son contratos precarios financiados con fondos europeos, como MEGA o Proa+, nos que a Xunta non pon un euro, polo que o número de profesorado é igual que nos últimos catro anos».

Apoiar a folga do vindeiro día 25

Arroxo incidiu, ao remate da manifestación na Praza de Praterías ,en que «é preciso prepararnos para unha loita que non será doada pero que é necesaria. Trátase de dereitos si, pero tamén de dignidade, a que nos roubaron ao profesorado con recorte tras recorte nos últimos anos, e a do ensino público, practicamente esmagado e que ten que pedir esmolas para funcionar baixo mínimos».

Por iso lembrou a importancia de secundar masivamente a folga convocada para o próximo 25 de setembro e apelou a todo o profesorado asistente a convencer ao resto de compañeiras e compañeiros «de que resignarse non é unha opción«.

Así, a representate da CIG sinalou varias necesidades do profesorado, incluídos auxiliares e especialistas en diversidade funcional, que requiren dunha planificación e dun aumento de recursos que a Xunta non está a dedicar.

«A Consellaría quita profesorado dos cupos dos centros de secundaria e FP, recorta en persoal para atención á diversidade -tanto profesorado, como auxiliares coidadores, como a rede RAOGAL-, recorta na formación docente. Manipula as cifras dicindo que medio profe aquí e medio alí son dous profes, precarizando até o infinito as condicións laborais de persoal interino e substituto a quen lle segue negando o cobro do verán», declarou.

Valorar, atender, coidar o persoal docente e as familias

Laura Arroxo incidiu en que «cómpre recoñecer, é dicir, valorar, atender, coidar… o persoal docente e as familias, que son quen apoian e sosteñen o ensino público malia o abandono da administración«. Para iso, fixou como obxectivo «recuperar» os dereitos arrebatados nos últimos anos, sobre todo a respecto do horario lectivo, as 18 horas en secundaria e 21 en primaria.

«O profesorado está farto de non chegar, de que non poder atender como se merece o alumnado e de que este quede sen os apoios ou desdobres que necesita».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.