Mentres os negacionsitas do quecemento global e do cambio climático seguen confiando el influencers de medio pelo e indocumentados, máis interesados en facer política co clima, os científicos constataron Galicia rexistrou o verán climatolóxico (xuño, xullo e agosto) máis cálido da serie histórica iniciada en 1961. Así, rexistraron unha temperatura media de 21,1 graos, 2 graos máis do habitual neste período, segundo o
informe que elaboraron para MeteoGalicia.
Tomando como referencia a media das temperaturas mínima e máxima, cuxas anomalías foron 2,3 graos e 1,7 graos por riba do previsto, respectivamente, este período considérase extremadamente cálido.
O xuño máis cálido da historia
En concreto, o mes de xuño foi o máis cálido desde 1961 cunha temperatura media de 20,5 graos, 2,8 graos máis do normal. No caso da temperatura mínima -cunha desviación positiva de 2,6 graos- foi tamén o máis cálido da serie histórica, mentres que tendo en conta a media da temperatura máxima -3 graos superior ao habitual- foi o segundo máis cálido rexistrado ata o momento. Estes valores fan que este mes se considere extremadamente cálido.
Xullo e agosto
Pola súa banda, xullo e agosto foron meses moi cálidos. No primeiro, a temperatura media foi de 20,9 graos, o que supón 1,3 graos máis que o habitual. As medias das temperaturas mínima e máxima foron de 1,2 graos e 1,3 graos, respectivamente.
En canto ao mes de agosto, foi o segundo máis cálido da serie histórica e ten como característica salientable o longo episodio de calor entre os días 2 e 17. Deste xeito, a temperatura media acadou os 21,8 graos, 1,9 graos superior ao normal. En canto ás medidas das temperaturas mínima e máxima, os rexistros foron tamén moi cálidos con desviacións positivas de 1,3 graos e 2,5 graos, respectivamente.
Outras novas
- La Policía Nacional alerta ante un nuevo repunte de estafas en inversiones en criptomonedas
- Detenido dos veces el mismo día, por agredir a policías, en dos lugares distintos de la ciudad
- Galicia rexistrou o verán máis cálido dende que hai datos
- Teis celebra a súa Festa Veciñal, este sábado
- Sol, nubes y algo de lluvia, el fin de semana
Verán moi seco
En canto ás chuvias, Galicia rexistrou un verán climatolóxico moi seco cunha precipitación media acumulada entre as 16 estacións máis representativas de 51 litros por metro cadrado, o que representa un 62% inferior ao habitual no período de referencia 1981-2010. De feito, para atopar un verán máis seco hai que remontarse ao ano 1981.
Máis polo miúdo, o mes de xuño foi moi seco cunha precipitación media acumulada de 18 l/m 2 , un 68% por debaixo do normal. Xullo e agosto foron secos con 15 l/m 2 -un 55% inferior ao habitual- e 18 l /m 2 -un 58% por debaixo do normal-, respectivamente.