Tomiño prepárase para que todas as persoas poidan desfrutar das tradicionais Festas do Alivio. Un ano máis, o Concello, a Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio e a asociación de nais, pais, familias e
amigos de persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA )‘Un Máis,’ promoven unha tarde de atraccións sen música nin megafonía.
Esta iniciativa busca reducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con hipersensibilidade auditiva ou calquera outro trastorno que produza problemas sensoriais poidan gozar das atraccións e da festa.
Outras novas
- Stellantis Vigo vuelve a parar la producción por el temporal y la falta de suministros
- ¿Serías capaz de estar todo este mes sin entrar en redes sociales?
- Vigo: 56 horas de atascos en 2025 y una movilidad “insostenible”
- Cortada, de nuevo, la PO-11, entre Marín y Pontevedra, por la marea y la lluvia
- Vigo seguirá aislada por tren este viernes: Renfe prolonga la suspensión
Para iso, este domingo 14 de setembro de 17.00 a 20.00 horas tomiñeses e tomiñesas poderán gozar de tres horas de atraccións sen son, música ou megafonía e non se realizará ningunha actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades por parte das persoas con sensibilidade acústica.





