Deportes

Show Freestyle, este venres, en Gondomar

Con música, DJs e xogos como canastra eléctrica, pista suboccer ou air hockey

Este venres, 12 de setembro a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar organiza unha actividade especialmente deseñada para a mocidade, chea de deporte, xogos e música.

Ás 18:00h no Campo de Fútbol Das Cercas, ofrecerá un Show Freestyle no que, especialistas desta disciplina de fútbol da rúa, amosarán a mestura de trucos de fútbol con acrobacias controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo. Todo elo, levado a cabo ao ritmo da música.

Logo serán os asistentes os que poderán poñer en práctica algún deses trucos a través de distintos obradoiros. Para participar neles hai que chamar ao 986.369.746. A música non faltará nesta actividade contando con DJ en vivo. E como colofón, pódese participar de balde nos distintos xogos como canastra eléctrica, pista suboccer ou air hockey.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.