Galicia

Convocadas máis de 1.300 prazas para obter a certificación de competencias dixitais, nivel ‘iniciación’

As inscricións poden realizarse desde o xoves, 11 e ata o vindeiro 24 de setembro, incluído, a través da Rede CeMIT

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de 1.342 prazas de carácter libre para obter a Certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación). As inscricións poden realizarse desde o xoves, 11 e ata o vindeiro 24 de setembro, incluído, a través da Rede CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. As probas realizaranse os días 29, 30 e 31 de outubro.

Os lugares, datas e horarios pódense consultar na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura o calendario das probas presenciais nas aulas CeMIT de 41 concellos de Galicia.

Tras a finalización do prazo de inscrición, e logo da publicación do listado definitivo no caso de que existan prazas vacantes, abrirase un período extraordinario para a súa adxudicación mediante solicitude dos participantes que figuren nos listados de espera.


Tamén en vigoalminuto


Contidos online e avaliación

Na plataforma de teleformación da rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba, que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Para obter o certificado ComDix Iniciación é preciso superar na proba un cuestionario de entre 60 e 70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.