O Concello do Porriño vén de comezar coa instalar un novo elemento de xogo no Parque Infantil, próximo ao recentemente restaurado Templete de San Luís. Nas vindeiras semanas, cativos e cativas poderán montarse nesta atracción, un multixogo que simula unha locomotora de tren.
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, e o concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, estiveron esta mañá comprobando o estado da obra que, se todo transcorre segundo os prazos previstos, estará rematada nas vindeiras semanas.
“O acondicionamento desta área de lecer non remata aquí, traballamos a diario para conseguir financiamento, dado o seu elevado custo, e ir avanzando por fases, adquirindo terreos próximos ”.
Preto de 2 metros de altura
Este novo elemento de xogo trátase dunha estrutura de 3,69 x 10,73 x 3,25 metros e unha altura de caída libre de 1,97 metros. Está fabricado en aceiro galvanizado, con cordas de polipropileno reforzadas, plataformas antideslizantes e sobre pavimento de caucho, facendo que sexa unha instalación confortable, duradeira e segura.
Tamén en vigoalminuto
- Tes unha cita no Porriño para ir de compras e aproveitar os descontos de Merca na Rúa
- Detenidos en Galicia y Canarias, por un alijo de 1.600 kilos de cocaína
- Bas alerta de los atascos generados por el nuevo cierre del Casco Vello de Redondela
- La magia del circo más oscuro y seductor, regresa a Vigo con Creepy Circus Cabaret “Resurrection”
- El Concello de Vigo inicia la tramitación que permitirá semipeonalizar la Praza de España
A instalación desta nova atracción estará acompañada dunha serie de melloras na contorna do antigo
Campo da Feira. A zona será pechada cun perímetro de bancos de pedra, ofrecendo espazos de descanso
e facendo do parque un lugar máis cómodo e accesible. Ademais, instalaranse bordos de pedra granítica
nas zonas de acceso, mantendo unha estética harmoniosa coa contorna natural.
Levarase a cabo tamén a plantación de tres carballos detrás dos bancos de pedra, que proporcionarán sombra e mellorarán a calidade ambiental do espazo, facendo que tanto nenos como adultos poidan gozar da zona ao aire libre.
O orzamento total do proxecto, que inclúe o acondicionamento da zona coa instalación deste elemento
de xogo e demais mobiliario urbano ascende a un total de 75.402 euros, que se financia con fondos
propios.