A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá na reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que deu conta da adxudicación da redacción dos proxectos e dirección de obras de 55 vivendas de promoción pública en Vigo.
Exactamente adxudicouse a redacción dos proxectos e dirección de obra de 55 vivendas de promoción pública na parcela M-V-4 de San Paio de Navia, emprazada na etapa 2 que actualmente se atopa en fase de urbanización por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). O proxecto será redactado por Alberto Quintáns Arrondo, por importe de 349.671,44€.
Tamén en vigoalminuto
- La gallega CEAMSA se alía con Poseidona para desarrollar un nuevo ingrediente proteico a partir de algas
- La Guardia Civil investiga a un sujeto por trata de personas y explotación laboral en locales de hostelería
- Deep Purple hará rugir Castrelos: Vigo suma a una leyenda del rock a sus conciertos de 2026
- La Xunta acusa al Concello da Coruña de “mentir durante dos años” sobre la candidatura del Mundial 2030
- La Policía Nacional detiene en menos de dos horas al autor del robo en un almacén
Navia
- Na actualidade, en Navia, está en obra un novo inmoble para 41 vivendas protexidas. O investimento ascende a máis de 8,3 millóns de euros, “dos que un 24,4% [más de 2 millóns] son fondos europeos”. Este edificio atópase no Polígono 1, e disporá de 20 vivendas de 2 dormitorios, 20 de 3 e 1 de 4 estancias.
- Tamén está licitado do proxecto e dirección de obra, doutro inmoble máis, para 26 fogares, no Polígono 2.
- Está adxudicado o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 68 vivendas de promoción nas parcelas M-IIIB-7 e M-IIIB-8
- Ademais, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), publicou a licitación dun novo contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción doutros 75 pisos. En concreto, as dúas novas edificacións, que albergarán 18 e 57 vivendas, estarán situadas na parcela MIIIB3, que conta cunha superficie de 1.080 m2, e na MIIIB4, que ten unha superficie de 1.906 m2
- Así mesmo o goberno galego adxudicou, tamén, por 7.814.439€ as obras de construción de 38 pisos máis nun novo edificio na parcela M-IVA-10. Esta parcela ten unha superficie aproximada de 1.297 m2 , é de forma rectangular con lixeira curvatura no tramo sur. O inmoble organízase con 2 portais conectados a nivel de planta baixa, e ten 4 plantas altas, e 3 tres plantas de soto.
Agora mesmo, a Xunta de Galicia ten un total de 910 vivendas de promoción pública nalgunha fase de execución en Navia. Deste total, 316 teñen xa adxudicado o contrato de obra e 594 teñen licitados ou en redacción os correspondentes proxectos de construción.





