Moaña cumpre 200 semanas protestando polo desmantelamento da sanidade pública

«Esta emerxencia sanitaria débese a que a Xunta, derivou 2.000 millóns á sanidade privada»

Moaña cumpre 200 semanas protestando polo desmantelamento da sanidade pública

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acompañou hoxe a máis dun milleiro de veciños e veciñas de Moaña durante a manifestación que realizaron en defensa da sanidade pública e da recuperación do servizo de urxencias para o centro de saúde de Domaio.

O líder socialista alertou, momentos antes do inicio da marcha, sobre “emerxencia sanitaria na que está asolagada Galicia”, produto das políticas que o PP está a desenvolver desde a Xunta de Galicia desde hai 16 anos. De feito, sinalou que no último decenio os Gobernos de Feijoo e de Rueda derivaron máis de 2.000 millóns de euros públicos á sanidade privada.


Tamén en vigoalminuto


200 semanas seguidas de protestas

Besteiro salientou que o que acontece en Moaña, con 200 semanas seguidas de protestas por parte
dos e das residentes, “non é un feito illado”, senón que se repite “en moitos lugares de Galicia,
como en Catoira, onde teñen as urxencias pechadas e deben acudir ao Hospital do Salnés; ou en Cangas, onde están sobrepasadas as urxencias; ou en Hío, onde falta o centro de saúde; ou na Cañiza, onde levan 21 semanas reivindicando servizos pediátricos; ou en Ourense, con 20 ambulatorios sen médicos cando aconteceu a vaga de lumes”.

“É unha evidencia que Galicia precisa de máis infraestruturas, máis planificación e, sobre todo,
melloras na atención primaria para evitar, ademais, a saturación hospitalaria”,
asegurou Besteiro,
que vinculou o déficit de instalacións de atención primaria e de persoal sanitario ao desvío de
pacientes cara o sector privado
e ao incremento de pólizas de seguros médicos, “porque,
efectivamente, a xente está desasistida”.

A sanidade pública non é un privilexio: é un dereito

O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego defendeu que a sanidade pública “non é un privilexio, senón un dereito” que se debe dotar de máis medios materiais e humanos.

Por iso, chamou a manter “esa loita en todo o territorio”, para que os recursos “se trasladen cara
onde máis se necesitan”.
“Todos debemos ter a mesma posibilidade de acceder á sanidade pública, con independencia de onde se viva”, apuntou en referencia, especialmente, ás “situacións de abandono do rural”.

Fronte a iso, Besteiro defendeu un plan de choque destinado a recuperar a atención primaria, reforzando os servizos de pediatría e urxencias e incrementando o número de médicos de familia. O obxectivo é, segundo explicou, blindar a sanidade pública en lugar de destinar recursos da cidadanía a engordar negocios privados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.