A Deputación de Pontevedra organiza catro novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático (todas elas requiren inscrición), celebraranse do luns 8 ao xoves 11 de setembro e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como o márketing social, as redes sociais ou a impresión 3D, entre outros.
O luns 8 de setembro
Celebrarase o obradoiro “Fotografía e vídeo para redes sociais”, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Cambados. As persoas participantes dominarán a creación de contido profesional co seu teléfono intelixente, sacando o máximo partido á cámara con ferramentas de formato, enmarcado, iluminación e edición.
Ademais, tamén descubrirán como gravar vídeos atractivos, desde a planificación e a narración ata a edición, a voz en off e a creación de bobinas. A sesión será impartida por Lara Taboada, licenciada en Estudos Artísticos de Deseño Gráfico con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa, e as inscricións pódense realizar neste formulario.
O martes 9
Ás 12:00 horas terá lugar o obradoiro “Deseño 3D online con OnShape 3, Profundizando no deseño” coordinado pola oficina de Barro. Este obradoiro abordará como extraer formas de imaxes ou debuxos, perforar buratos con precisión e dar un acabado profesional ás pezas 3D con OnShape. Será impartido por Manuel Tornos, asesor do Centro para o Desenvolvemento da Impresión 3D na propia oficina, con máis de 30 anos de experiencia en novas tecnoloxías e transformación dixital. As inscricións pódense realizar neste formulario.
Tamén en vigoalminuto
- Más enmiendas al proyecto del Gobierno de Vigo de subir los impuestos otro 4%
- Los coches eléctricos son demasiado caros
- Otro incendio en Carballeda de Valdeorras arrasa más de 150 hectáreas
- Un triangular de fútbol recuerda en Vigo a ‘Esteban Rodríguez Serra’
- A Deputación organiza a próxima semana catro novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+
Mércores 10
Tamén ás 12:00 horas a oficina de Pontevedra desenvolverá o obradoiro “Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia na comunicación e no márketing dixital, presentará as principais estratexias en liña e as ferramentas e as canles máis axeitadas para as entidades do terceiro sector na contorna dixital, atendendo aos seus obxectivos e necesidades. As persoas interesadas poden inscribirse neste formulario.
Xoves 11
Realizarase o obradoiro “Estratexias para mellorar as reservas directas do teu aloxamento” ás 11:30 horas organizado pola oficina de Ponteareas, no que Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico, aportará consellos prácticos para conseguir unha maior rendibilidade. As inscricións pódense realizar neste formulario.