Grazas á solicitude realizada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, a través do grupo Verdes-ALE, o Parlamento Europeo incluirá un debate sobre a vaga de incendios en Galiza na sesión plenaria do
vindeiro martes, día 8.
Así, a Conferencia de Presidentes da Eurocámara vén de adoptar esta decisión despois de que a eurodeputada galega fixese a primeira demanda de debate, tendo en conta a magnitude dos incendios en Galiza, e que esta tarde tratou tamén na Comisión de Política de Cohesión.
Case 166.000 hectáreas, segundo o sistema Copernicus, fronte ás 110.000 que di a Xunta
Precisamente nesta a comisión, Miranda subliñou que grazas aos datos de Copernicus (o Sistema de Información de Incendios Forestais da Comisión Europea) “coñecemos a verdadeira magnitude da catástrofe”. Na súa intervención explicou que foron case 160.000 as hectáreas calcinadas, mentres que segundo a Xunta de Galiza a cifra sitúase nas 111.000 hectáreas. Deste xeito, na sesión plenaria explicará a “opacidade” e a falta de transparencia informativa “por parte do goberno galego do PP, que segundo denunciou ocultou información crucial á poboación”.
Tal e como fixo hoxe na Comisión de Política de Cohesión, no vindeiro pleno, a eurodeputada do BNG tamén falará das carencias na falta de prevención dos lumes, cunha xestión ineficaz na xestión do persoal de extinción, xa que non se deu uso de todos os efectivos do dispositivo antiincendios. Ademáis, Miranda alerta da “falta de estratexias de resposta a esta situación, tendo en conta que afecta gravemente as comunidades rurais, destruíndo vivendas, granxas e gando”.
Tamén en vigoalminuto
- Mil anos máis para o carballo centenario de Vincios
- Antonia San Juan desvela que tiene cáncer
- A eurodeputada galega Ana Miranda, leva ao pleno do Parlamento Europeo os incendios en Galicia
- Mary Ocher, este viernes 5 de septiembre en Radar Estudios
- El sol volverá este viernes…tras la lluvia del jueves
- La 14ª edición de ‘Vigo Porté’ ya tiene fechas: del 29 de abril al 3 de mayo
Recursos para catástrofes, non para defensa
“Non se poden imaxinar a traxedia humana, a perda de casas, a traxedia económica e a traxedia medioambiental que supuxo. Persoas que o perderon todo, que perderon as casas, que perderon as terras para producir, que perderon o gando”, sinalou Miranda, quen subliñou que na provincia de Ourense, un dos territorios europeos con maior declive demográfico, esta catástrofe deixou “unha verdadeira devastación que puido ser evitada, como dixo recentemente o Tribunal de Contas Europeo no informe de 2025 sobre a prevención de incendios”.
Neste sentido, a eurodeputada galega afirmou que é necesaria “unha política de cohesión forte e resiliente que centre os seus esforzos na reacción ante catástrofes, con recursos propios para a prevención. Non necesitamos recursos para a defensa, senón recursos para facerlle a vida máis fácil á xente afectada polos incendios”, á que lles enviou a solidariedade desde o Parlamento Europeo.
O traballo para que o debate sobre a vaga de lumes en Galiza sexa incluído na sesión plenaria da Eurocámara enmárcase nas distintas iniciativas desenvolvidas pola eurodeputada galega nas institucións europeas, entre as que tamén salienta o envío de sendas cartas ao Comisario de Agricultura, Christophe Hansen, e á Comisaria de Igualdade, Prontitude e Xestión de Crises, Hadja Lahbib, para solicitarlles que realicen unha visita as zonas máis afectadas polos lumes en Galiza.