As obras de saneamento que se están a executar na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, no Porriño, están xa na súa fase final: a repavimentación do camiño. Trátase dunha actuación, cun investimento de 27.710€, financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, que supón unha mellora considerable na rede de saneamento desta zona rural, que presentaba graves deficiencias.
Tamén en vigoalminuto
- La Audiencia de Pontevedra confirma el archivo de la investigación por la muerte de Manuela Barbosa en Redondela
- A III Etapa Popular do Camiño da Costa abre inscricións para percorrer a ruta entre Vigo e Redondela
- La Diputación impulsa la humanización de Rosalía de Castro con una inversión de 1,7 millones
- O Porriño nas túas mans
“A rede de saneamento dalgúns núcleos rurais do municipio resulta totalmente insuficiente nalgúns casos ou atópase nun estado de precariedade noutros, feito que fai necesaria unha importante intervención de mellora sobre a mesma”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O proxecto inclúe a instalación dun colector novo por gravidade composto por 120 metros de
tubaxe e tres pozos de rexistro, para dar servizo a catro vivendas unifamiliares, e a repavimentación do vial. Precisamente, os traballos céntranse estes días na aplicación do novo aglomerado asfáltico nun treito de 180 metros, cun ancho medio de 5 metros.
Segundo explica o alcalde, «esta obra responde a unha demanda histórica da veciñanza e encaixa dentro do noso compromiso de ir paso a paso ata acadar o cen por cen do saneamento, garantindo servizos públicos de calidade en todas as parroquias do Porriño». Lorenzo asegura que os traballos rematarán nos vindeiros días, cumprindo os prazos previstos.




