O ciclo cultural Os Solpores da Rebullón chega ao seu remate, este xoves, día 28 ás 20:00h -en billeteira inversa- coa última cita do mes de agosto. Seguindo coa filosofía das propostas ata o momento, conta nesta ocasión con dúas propostas con moita traxectoria, unha en solitario e outra en formato banda. Estando moi pendentes das condicións climáticas, a organización decidirá no último momento se celebrar o concerto no escenario exterior do CSCD As Pedriñas ou se facelo no escenario da galardoada Sala Rebullón.
Oscar Quant e Tesouro
Neste derradeiro solpor do verán os protagonistas serán Oscar Quant, un dos nomes máis sólidos e recoñecibles da música rock en galego das últimas dúas décadas. Coa súa poderosa voz e a súa presenza carismática no escenario, consolidouse como unha peza fundamental da escena musical contemporánea.
E Tesouro unha das propostas máis coñecidas do panorama musical galego, un proxecto que sempre estivo ligado á calidade, ás boas cancións e á conexión directa co público. Dirixida polo cantante e compositor Carlos Rego, a banda leva anos consolidándose como un referente grazas a un son que navega entre o pop-rock máis melódico e as baladas de profundo calado emocional, sempre coas letras en galego como bandeira.
Tamén en vigoalminuto
- La duna de A Calzoa sigue sin protección, 20 días después del derrumbe
- Los dueños de los perros que atacaron a un hombre de 77 años denuncian al policía que lo salvó
- Montaña rusa de días lluviosos y soleados
- Vigo exige un autobús exprés a Peinador
- Empieza el juicio a un policía local acusado de agresión sexual
- Sánchez pide diálogo con el Canicouva ante el plan de construir viviendas en las antiguas casas de maestros
Con esta iniciativa, Os Solpores da Rebullón pecha unha das tempadas con máis afluencia de público, que non se cansou de encher a terraza do centro cultural cada concerto, apostando pola música en directo e colaboranco con cada banda coa billeteira inversa.






