Comarcas

O alcalde do Porriño reafirma a «prioridade absoluta» do Saneamento coa creación dunha concellería específica

E a execución de obras por preto de 5 millóns de euros

A elaboración de todos os proxectos para completar a rede de saneamento do Porriño foi o primeiro dos pasos que levou a cabo Alejandro Lorenzo fai tres anos e medio cando accedeu á Alcaldía. “Desde o inicio do noso mandato, as obras de saneamento foron unha prioridade absoluta e a redacción destes proxectos foi o punto de partida da nosa folla de ruta”, asegura Lorenzo.

O alcalde reivindica o «esforzo económico e organizativo sen precedentes» que chegou ata os 4.654.806€ en obras, «o que representa un verdadeiro avance se o comparamos co período previo, de 2015 a 2021, no que se investiron 1,9 millóns”. Así, engade o rexedor porriñés, dende o ano 2022 executáronse unha vintena de obras; actualmente están outras dúas en execución, unha na Gulpilleira e outra na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, que suman un importe de preto de 400.000€ e están pendentes de licitación actuacións por valor de máis de 1,1 millón euros.

Traballamos a diario para avanzar na nosa folla de ruta. Somos plenamente conscientes de que o saneamento é unha prioridade para moitos dos nosos veciños e veciñas, pero tamén debemos lembrar que se trata dun servizo cunha altísima complexidade técnica e cun custo económico moi elevado”, comenta Alejandro Lorenzo. «Por este motivo, a súa execución ten que facerse de maneira progresiva, segundo a dispoñibilidade orzamentaria» e, aclara, «o Concello non conta cunha partida económica nin cos medios suficientes para asumir en solitario o financiamento destas infraestruturas«.

Por iso, insiste en que é imprescindible buscar colaboración noutras administracións, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra ou o Consorcio Augas do Louro, apoios que levaron a «mobilizar investimentos históricos nestes últimos anos, para dar resposta ás demandas de toda a veciñanza”.

Nova Concellería de Saneamento

Para atender e centralizar todas estas necesidades, sobre todo aquelas pequenas actuacións que dan
resposta a demandas particulares, dende o Concello valorouse a creación dunha concellería específica
nesta materia. Con todos os proxectos xa redactados, obras realizadas, en execución e pendentes de
licitación, súmase a próxima incorporación de sete operarios de obras e servizos, incluídos no cadro de persoal do Concello. “Disporemos de traballadores municipais que dependerán desta nova concellería
para, sobre todo, facer estas acometidas pequenas e puntuais e ir completando así toda a rede de
saneamento, combinando grandes e pequenas obras”
.


Tamén en vigoalminuto


Preto de 12 millóns de euro en inversións

A día de hoxe, partindo dos máis de 16 millóns pendentes inicialmente, tendo en conta a actualización de prezos, o xa executado, o que se está a realizar e máis o pendente de licitar, a cifra total de inversión que resta para acadar o cen por cen do saneamento elévase a 11.899.632,68€ que se distribúen deste xeito:

  •  Os Eidos-Cans 128.304,07 €
     Os Eidos-Budiño 215.163,75 €
     A Devesa – Folón 612.174,38 €
     A Sé E Quintenla 779.427,74 €
     Centeáns 688.636,14 €
     Loño – Casal Do Vello 415.105,43 €
     Barbeito, Madorras – Iglesia, Mosende 612.474,12 €
     A Torre E Os Eidos 458.720,52 €
     Pontenova 40.136,86 €
     A Cantoña – Pousadela 559.891,36 €
     Trapa – Fase 2 141.695,50 €
     A Gulpilleira 105.833,13 €
     Os Eidos, O Pombal E A Escusa 473.763,47 €
     O Pomariño 78.556,19 €
  •  O Saramagal 212.900,00 €
     A Cochilra – Cadaval 145.272,58 €
     O Monte 433.992,06 €
     A Louriña 197.332,50 €
     Sanguío 334.645,27 €
     Poxeira 193.759,67 €
     Acceso A San Blas 421.231,75 €
     O Casal – Fase 2 130.629,35 €
     Canadelo – Filgueiras 502.822,13 €
     Madorras-Cavadiña 398.913,42 €
     O Caeiro 471.903,45 €
     As Abas – Porto de Eiras 320.564,16 €
     Atios-Pontellas e Mosende 196.182,49 €
     Fonteliño 45.639,95 €
     Carbón – Rial 473.575,11 €
     San Roque – A Areeira 21.611,35 €
     Camiño Miraflores e asfaltados 120.009,65 €
     A Graña E Sequeiras 742.300,60 €
     Penedo – O Toxal. Chenlo 505.136,17 €
     Benunes 538.529,12 €
     Rega da Lama 62.658,93 €
     Abelenda e Figueiras 120.140,31 €

Dereito fundamental

O alcalde do Porriño insiste en que «o acceso a un saneamento digno é un dereito fundamental, non unha opción. Por iso, investiranse eses case 12 millóns de euros que aínda son necesarios para completar a cobertura en todas as parroquias. Así, o Concello está decidido a cumprir este obxectivo con determinación e sen demoras. O saneamento completo é un compromiso firme, innegociable e prioritario”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.