Comarcas

Mos aproba definitivamente o proxecto de expropiación para a construción da senda peonil en Dornelas

Terá un custo de más de 700.000€, parte dos cales proceden do Plan +Provincia da Deputación

Mos aproba definitivamente o proxecto de expropiación para a construción da senda peonil en Dornelas

O Pleno extraordinario e urxente do Concello de Mos aprobou hoxe de forma definitiva o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da “Senda peonil en Dornelas. Do IES de Mos ata ASO.DI.FI.SI”, que discorrerá polas parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso.

A nova infraestrutura, cun orzamento de 701.556,68€ e que contará cunha achega da liña 1 do Plan “Máis Provincia” da Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo completar, en forma de anel, a senda xa existente entre o Edificio Multiusos das Pozas e ASO.DI.F.ISI., mellorando así a seguridade viaria e a mobilidade peonil nun dos principais eixes de circulación do municipio.

Deste xeito, este trazado enlazará coa actual senda de Torroso (1.370 metros) sumando 1.800 metros máis de percorrido, o que permitirá crear un itinerario circular de 3.170 metros de lonxitude. O proxecto contempla a actuación na Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para peóns de ata 8 metros de ancho total, en consonancia co previsto no PXOM vixente.

Así, a senda do Porselo-Brea supón unha actuación fundamental para resolver as actuais limitacións físicas destas rúas, mellorar o fluxo do tráfico e garantir a seguridade, especialmente nos momentos de entrada e saída do alumnado aos centros educativos das Pozas.

A delimitación do ámbito de expropiación abrangue 3.082,20 m² repartidos entre 126 fincas ou predios e permitirá executar as obras coa maior brevidade posible.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.