Comarcas

Piden a paralización do Servizo de Axuda no Fogar do Porriño, mentres non haxa seguridade

Logo do asasinato de Teresa Jesús

Representantes da CIG, que se concentraron hoxe diante do Concello do Porriño, pediron ao Goberno municipal a paralización do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) «mentres non se garanta a seguridade» das súas traballadoras. A medida solicítase logo do asasinato de Teresa Jesus, de 48 anos, a mans do home dunha das mulleres ás que coidaba.

Tanto os representantes sindicais como as súas compañeiras, cren que non teñen garantida a súa seguridade e, logo de lamentar que «con Teresa chegamos tarde«, esixen «medidas reais» para evaliar, en cada domicilio. Nesta liña lembraron que a denuncia de Teresa- que o día anterior comunicara ao sindiato e á propia empresa a situción de acoso sexual que padecía por parte do seu presunto asasino- non foi suficiente.

O Concello do Porriño se personará na causa

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo cualificou, en rolda de prensa, o día de onte como “un dos días máis tristes e escuros deste Concello e tamén para min, no plano persoal, como alcalde do Porriño”, e trasladou, en nome de toda a veciñanza, as condolencias á familia de Teresa, así como “todo o noso cariño e apoio absoluto neste momento tan tráxico”.

Durante a súa intervención, Lorenzo anunciou que o Concello do Porriño se personará na causa e
asegurou que se actuará “con firmeza” para que se esclarezan os feitos e se depuren todas as
responsabilidades. “O Concello personarase na causa. Tomaremos medidas contundentes, depurando responsabilidades, sexa quen sexa o responsable: órgano, empresa ou persoa física”, afirmou.

O alcalde fixo un chamamento directo para que os traballadores e traballadoras denuncien calquera situación de risco ou violencia ante os órganos competentes: “quero pedir a calquera traballadora ou traballador, sexa cal sexa o servizo que estea prestando no Concello ou non, que se ten constancia de calquera situación de risco, que denuncie. Desde o Concello actuaremos”.

O suposto asasino, custodiado no Cunqueiro

Polo que se refire ao presunto autor do crime, o home de 73 anos que acabou coa vida de Teresa empregando unha machada, está custodiado no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde vanlle realizar exames psiquiátricos. A previsión é que declare o xoves ante o xuíz. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.