Cultura

Todo listo para o comezo da 22ª edición do festival SonRías Baixas  

A partir deste xoves, 31 de xullo e ata o domingo, 3 de agosto

Todo listo para o comezo da 22ª edición do festival SonRías Baixas  

Esta mañá o Festival SonRías Baixas presentou en rolda de prensa e desde o recinto de As Lagoas, en Bueu, a programación para a súa vixésimo segunda edición.  

Ampliándose este ano a catro xornadas completas: desde o xoves 31 de xullo ata o domingo 3 de agosto, esperando superar os récords de asistencia que xa se bateron na pasada edición, reunindo a máis de 26.800 asistentes e xerando na zona un impacto económico de 2,3 millóns de euros.  

Á rolda de prensa, liderada por Jordi Lauren e Berta Domínguez (Dirección de SonRías Baixas), asistiron o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; a concelleira de Cultura do Concello de Bueu, Carmen García, e a xestora comercial de zona de Imagen Norte de El Águila, Tatiana Sofía González Carballo.  

Máis superficie…

Durante a súa intervención, Jordi Lauren adiantou algunhas das melloras estruturais coas que contará o SonRías Baixas nesta edición, como o aumento da superficie da zona de acampada –incorporando unha terceira parte-, que será indispensable para mellorar a mobilidade e asegurar a comodidade das persoas asistentes.   

…máis bandas…

Pola súa banda, Berta Domínguez, fixo fincapé na parte artística, explicando que o festival crece non soamente en espazo, senón tamén en número de días, que esta vez serán catro. O mesmo sucede con respecto ás bandas que pasarán polo Escenario Fest Galicia, o Escenario El Águila e o Escenario SonRías, superando as 30 nesta 22ª edición. Como punto a destacar, quixo lembrar que “unha banda como La Raíz despediuse en Bueu e tamén escolleu este escenario para volver“. “Estamos ante a edición máis completa do festival musicalmente falando”, destacou, explicando que “bandas que comezaron tocando na Sesión Vermú como Grande Amore ou Marlena agora pasan ao escenario principal”. Finalmente, reivindicou o traballo da organización á hora de contar con bandas e proxectos de primeira liña liderados ou participados por mulleres como Cariño, shego, Judeline, Delaporte, Sabela, Nena Daconte, Marlena, Pipiolas… etc.  

…máis innovación…

Jacobo Sutil, director da AGADIC, detallou o carácter estratéxico do festival por todo o que ofrece a súa experiencia completa tanto a nivel social como turístico e económico. Sutil tamén puxo en valor o espírito innovador e de constante renovación do evento, cualificándoo como “un festival referente para a Xunta de Galicia en áreas como mobilidade, sustentabilidade e apoio ás bandas galegas”.   


Ademais en vigoalminuto


…e máis #RiasBaixasFest

Para finalizar, Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, valorou a combinación de estilos do cartel do festival, integrado dentro do circuíto dos #RíasBaixasFest que promove Turismo Rías Baixas. Quixo tamén destacar os valores comúns da Deputación e o festival como o compromiso co medio natural, o coidado da contorna, a posta en valor do territorio ou o traballo de concienciación contra a violencia de xénero. Ademais animou a todo o mundo a asistir porque “as Rías Baixas son sempre sinónimo de desfrute”

Te podría interesar