Dende hai dous mes os cargadores de vehículos eléctricos instalados en varias rúas de Redondela deixaron de funcionar. En concreto trátase dos cargadores públicos situados en Chapela, na Avenida de Vigo, e no casco urbán da Vila no Paseo da Xunqueira. Dende o BNG esixen a reposición do servizo, xunto a campañas de fomento de mobilidade sostíbel.
Estes cargadores instalounos o goberno de Digna Rivas en xullo de 2021, con fondos procedentes dunha subvención estatal. “Daquela nunha das súas campañas publiciatarias a alcaldesa presentouse como grande defensora do coche eléctrico” afirma o voceiro do BNG Xoán Carlos González. “Agora, máis de dous meses dende que estes cargadores eléctricos están inservíbeis, ninguén se responsabiliza”, lamenta.
Falta de información
Tras recibir as queixas e denuncias de varios usuarios e usuarias de vehículos eléctricos sobre a falta total de información, dende a organización nacionalista solicitaron ao goberno municipal que se xustificase a situación destes cargadores públicos. “O silencio é total e absoluto. Ningúen sabe nada no Concello. Ninguén ao volante”, afirma o edil nacionalista.
Tamén en vigoalminuto
- Muere a los 86 años Chuck Norris, leyenda mundial del karate y del cine de acción
- ¿Quieres participar en el rodaje de “Lobo”, la nueva producción de época de Netflix?
- Ya funciona el nuevo ascensor entre Romil e Hispanidad
- Arranca la Reconquista de Vigo
- Una psiquiatra del Álvaro Cunqueiro concluye que la IA acierta en 8 de cada 10 casos de riesgo suicida
- La Policía Nacional incauta cocaína y más de 4.900€ en Bouzas, durante un operativo contra el menudeo
Propaganda e publicidade
“A aposta pola mobilidade máis ecolóxica leva xa anos como principio básico que calquera organización defensora do medioambente debe poñer en práctica”, analiza Xoán Carlos González. “Este goberno únicamente utiliza os vehículos eléctricos como propaganda e publicidade”, afirma.
Cuestiona as verdadeiras intencións da instalación destes sumistradores eléctricos públicos, “que con cartos públicos somentes serviron para unha campaña de publicidade de Digna Rivas”, lamenta. Insiste na obriga de repoñer o servizo “á maior brevidade posíbel para que os veciños e veciñas poidan dispoñer destes cargadores públicos para vehículos eléctricos”.






