Cultura

Para gañar un Goya haberá que pasar por Porriño

O Festival de Cans, estará dende 2026 entre os certames que cualifican para os ‘Oscar’ do cine español

Para gañar un Goya haberá que pasar por Porriño

O Festival de Cans formará parte do listado de certames de prestixio que puntuarán para a selección de finalistas dos Premios Goya, na vindeira edición de 2026 que terá lugar en febreiro en Barcelona. A decisión foi comunicada esta semana pola Academia de Cine Español que preside Fernando Méndez-Leite á organización do certame, despois da reunión que a Xunta Directiva desta entidade mantivo para analizar a traxectoria histórica dos eventos. 

Esta distinción supón un gran recoñecimento á traxectoria do certame e ao traballo da organización, ao mesmo tempo que suporá unha gran proxección para as novas e novos cineastas que Cans busca visibilizar. Do mesmo xeito, Cans marca un fito ao ser o único festival de España que se celebra nunha zona rural que calificará para os Premios Goya.

No listado de festivais elaborado pola Academia atópanse algúns dos máis prestixiosos de España, a maioría deles en cidades capitais de provincia como o Festival de Málaga, a Seminci de Valladolid, o Festival Iberoamericano de Huelva ou o Zinebi de Bilbao.

Cada curta seleccionada na competición oficial de Cans sumará 1 punto e cada curta premiada sumará 3 puntos ata completar un listado cunha preselección de 15 curtametraxes entre os que os académicos elixirán aos finalistas.

Cans, unha gran plataforma para os Goya.

Nos últimos anos, unha longa lista de curtametraxistas seleccionados e premiados en Cans, chegaron a seren finalistas dos Premios Goya e, en varios casos, lograron erguer o galardón na categoría de curtametraxes de ficción e animación.

  • En 2025, “Cafuné” de Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo, levou o Goya á mellor curta de animación, despois de ter a súa estrea en Galicia en Cans
  • Antes xa foran finalistas coa curta “Amanece la noche más larga”, tamén seleccionada en Cans
  • No ano anterior, en 2024, o cineasta Martín Romero levou tamén o Goya de animación por “To be or not to be”, mención especial no festival
  • Outros Premios Goya en animación que antes pasaron polo certame foron Alberto Vázquez, coas súas curtas “Birdboy” e “Decorado”, ou Xosé Zapata, que gañou en 2022 con “The Monkey”
  • Na categoría de ficción, cineastas como Álvaro Gago ou Pedro Díaz foron recoñecidos en Cans antes de seren finalistas dos Goya con obras como “16 de decembro” e “Matria” no caso do primeiro ou “La Entrega” no caso de Díaz, que triunfara co Premio do Público
  • Ademáis, neste certame tamén acadaron algúns dos seus primeiros recoñecimentos grandes actores como Luis Zahera ou Javier Gutiérrez, que en 2008, 2012 e 2014 acadaron o premio Aisge á mellor interpretación masculina polo seu traballo e diferentes curtas
  • Outros cineastas como Guillermo de Oliveira e Jaione Camborda amosaron as súas primeiras obras en Cans, ou profesionais como a compositora Zeltia Montes ou o sonidista David Machado, despois recoñecidos nos Goya, tamén pasaron polo certame con traballaos realizados en diferentes curtas
  • Ademáis das curtas, en Cans amosáronse por vez primeira tamén imaxes de filmes que acadarían enorme repercusión, como “O Corno”de Jaione Camborda, que acabaría dando o Premio Goya a actriz revelación a Janet Novás, vecina da aldea


Tamén en vigoalminuto


Unha reinvidicación de case unha década

Dase a circunstancia de que o Festival de Cans fora incluído entre os festivais calificadores para os Goya entre 2010 e 2016. Neste ano foi sorprendentemente excluído por considerar a directiva daquela Academia que Cans tiña “criterios demasiado específicos ao aceptar a concurso únicamente obras de produción galega”.

Desde aquela, a organización de Cans loitou –aportando datos irrefutables do seu palmarés histórico-  para que o certame volvese ser incluído neste listado e que desaparecese esa argumentación que consideraba excluínte ao respecto das e dos cineastas galegos.

Te podría interesar