O conselleiro de Cultura, José López Campos, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantiveron hoxe unha reunión co equipo técnico de César Portela para abordar a futura obra do Teatro Cine Fraga de Vigo.

No encontro, o conselleiro e a vicepresidenta provincial trasladaron que, como adiantou vigoalminuto, o Goberno galego prevé rematar a vindeira semana os pregos da contratación para que sexa o arquitecto Portela, autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director da obra xa executada, quen continúe coa tarefa de rematar os traballos do inmoble.
No senso desta xuntanza, o representante do Executivo autonómico trasladou que o obxectivo de ambas as dúas administracións é “respectar a intervención realizada no proxecto orixinal facendo as actualizacións que sexan precisas”.
Deste xeito, a finalidade é recuperar o edificio para transformalo nun espazo arquitectónico flexible e polivalente que favoreza a produción, experimentación e divulgación de contidos no eido escénico, musical, audiovisual e literario, ademais dun espazo museístico no que preservar, destacar e compartir os vencellos deste edificio co desenvolvemento do cinema na cidade.
Tamén en vigoalminuto
- Una investigadora de la Universidade de Vigo, entre los galardonados en los Premios Nacionales Natac
- ‘Vientres de arena’, el documental vetado por Marruecos, se proyecta en Vigo en su camino a los Goya 2026
- Dous días de folga no ensino galego con ‘marchas fúnebres’ en 15 localidades
- La Xunta autoriza la licitación del nuevo centro público de cuidados intermedios, en el Rebullón
- La ciudad roza el lleno total y «arrastra» la ocupación hotelera en Pontevedra, Baiona o Porriño
- Nuevo récord del precio de la vivienda en Vigo
Plan de usos
Para isto, tal e como puxo en valor López Campos, o Goberno galego e a Deputación de Pontevedra xa teñen deseñado o plan de usos destinado a converter este emblemático inmoble “nun referente de primeiro nivel no noroeste peninsular”.
Por outra banda, lembrou que esta folla de ruta, coas liñas estratéxicas sobre os seus contidos e programación, ten en conta as “valiosas achegas e suxestións que recibimos por parte da cidadanía e a comunidade cultural a través da campaña O mellor espazo busca o mellor contido, que incluíu reunións presenciais e unha caixa de correo virtual”.
Así, ao abeiro destas propostas, prevese tamén a posta en marcha dunha ambiciosa programación que inclúe residencias artísticas, actividades e obradoiros, dirixidos á infancia e á mocidade que estimulen a creatividade e a experimentación, vencellados á escritura creativa, á composición musical e á produción audiovisual.
Cafetería
Finalmente, a cafetería tamén contará cunha definición de usos específica, xa que ademais de servir de punto de encontro informal entre a cidadanía e este novo espazo cultural, vaise habilitar para determinados eventos e o desenvolvemento dunha programación concreta.






