Galicia

Luis López anuncia unha partida de 4,4 millóns para a conservación de firmes das estradas da rede viaria provincial

Preto de 1,6 millóns están destinados a viais de Vigo e a súa contorna

Luis López anuncia unha partida de 4,4 millóns para a conservación de firmes das estradas da rede viaria provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación dos contratos dos lotes do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria provincial -de máis de 1.700 kilómetros- que ascende a máis de 4,4 millóns de euros, como anunciou o presidente Luis López.

En total, aprobáronse os 6 lotes que constitúen este acordo marco e que permiten dar servizo, tal e como
detallou López, a estradas provinciais de todos os concellos da provincia para afrontar diversas obras
de reparación que permitirán mellorar a súa seguridade viaria.

873.700€ en 20 estradas das contornas de Pontevedra e Vigo e da comarca do Morrazo

En concreto nos concellos de Pontevedra, Vilaboa, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Poio, Cangas do Morrazo, Moaña, Bueu, Redondela, Moraña e Campo Lameiro (lote 4). Nas contornas de Pontevedra e de Vigo e na comarca do Morrazo as actuacións abranguen traballos nas estradas:

  • EP-0004 Marcón-Pintos-A Reigosa
  • EP-0014 O Tombo-O Salgueiral
  • EP-0018 Xeve- Amil-A Espedregueira
  • EP-0105 Bértola-A Ramalleira-N-550
  • EP-0306 Ponte do Verdugo-Cambeses-A Barcia
  • EP-0401 Carballedo-Caroi
  • EP-0413 Paraños-Piscifactoría
  • EP-0406 Vilanova-Tenorio
  • EP-0602 Portosanto- Lourido-Campelo
  • EP-1001 Cangas-Coiro-A Madalena
  • EP-1008 O Hío-Vilanova
  • EP-1103 San Bieito-Domaio
  • EP-1102 Meira-Fraga
  • EP-1304 Bueu-Igrexario de Cela
  • EP-1305 Igrexario de Cela-O Outeiro-Bueu
  • EP-2901 Cesantes-O Viso-Alxán
  • EP-2904 Redondela-A Portela
  • EP-8201 Moraña-Santa Xusta-Couso
  • EP-8203 O Souto-Igrexa de Lamas e
  • EP-8302 O Couso-Agueiros

Nelas desenvolverán dous tipos de actuacións: por unha banda, nalgunhas estradas levaranse a cabo traballos de fresado do firme para despois repor a capa de rodadura e, noutras, executarase unha capa de microaglomerado en frío.

685.000 euros en dez estradas das comarcas de Vigo e O Baixo Miño

Son viais que atravesan Baiona, Gondomar, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui, Tomiño e Vigo. Máis polo miúdo, s actuacións abranguen traballos nas estradas provinciais:

  • EP-2001 O Calvario-A Garrida
  • EP-2005 O Meixoeiro-CUVI
  • EP-2201 Baiona-Baíña-As Fontes
  • EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada
  • EP-2502 O Cerquido-Ribadelouro
  • EP-2503 O Cerquido-Borraliño
  • EP-2906 Os Valos-Guizán
  • EP-3001 Tui-Rebordáns
  • EP-3101 Tebra-Cristelos e
  • EP-3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo

Outras novas


724.400 euros en 12 estradas das comarcas do Condado e da Paradanta

Trátase de estradas provinciais que atravesan A Cañiza, Covelo, Mondariz, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. En concreto, nas comarcas do Condado e da Paradanta as actuacións abranguen traballos nas estradas:

  • EP- 4005 Areas-Alxén-Cabreira
  • EP-4006 Ponteareas-As Neves
  • EP-4101 Meder-Taboexa
  • EP-4202 Tortoreos- Rubiós-Carrasqueira
  • EP-4301 Riofrío-Borbén
  • EP-4303 Mondariz-Meirol
  • EP-5001 A Franqueira-Cebreiro
  • EP-5002 A Cañiza-Mourentán
  • EP-5101 Covelo-A Lamosa
  • EP-5102 A Lamosa-A Franqueira-As Achas
  • EP- 5103 Prado-Moncelos e
  • EP-5105 Maceira-A Graña

As obras a realizar nestas estradas branguen tamén escavacións, levantado de firme e/ou beirarrúas, saneos, fresados, recrecidos de pozos de rexistro, e, entre outras moitas actuacións, instalación de tubos. Ademais, en todas as actuacións nas que sexa necesario, procederase á reposición da sinalización horizontal.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.