O Concello do Porriño está a levar a cabo un conxunto de actuacións de mellora de infraestruturas nas parroquias de Torneiros, Mosende, Atios e no barrio de Carracido, por un importe de 153.520€, financiado integramente pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia 2024 e 2025. As obras inclúen a pavimentación de varios camiños municipais e a execución dunha nova rede de saneamento na Travesía de Novás.
Máis dun quilómetro de camiños
A intervención viaria suporá a mellora de máis dun quilómetro de camiños en Coto do Muiño, A Relva,
Contrasto (1 e 2) e O Regueiro, cun orzamento de 125.507€. O proxecto contempla traballos de
limpeza, desbroce e perfilado de beiravías para mellorar a drenaxe, reforzo do firme con zahorra artificial e aglomerado en quente tipo AC-16, e a aplicación dunha capa de rodadura de 5 centímetros en todos os tramos. Tamén se prevé o realce de tapas de rexistro, a renovación da sinalización horizontal e a
colocación de novos sinais de STOP.
Os treitos que se van renovar son os seguintes:
- 368 metros no camiño de Coto do Muíño
- 318 metros, no barrio de Carracido
- 318 metros en A Relva
- 64 e 66 metros nos tramos 1 e 2 de Contrasto, en Torneiros
- 128 metros no camiño do Regueiro, en Mosende
As seccións das vías oscilan entre os 3 e os 5 metros de ancho, adaptándose ás características de cada camiño. Unha vez adxudicadas, as obras contarán cun prazo estimado de execución de dous meses e planificaranse con cortes puntuais de tráfico para minimizar as molestias á veciñanza.
Tamén en vigoalminuto
- Liberado nos Ancares un exemplar de voitre negro atendido no Centro do Veral
- Caballero destaca el buen funcionamiento del tráfico durante el puente, pese a la alta afluencia de visitantes
- La Xunta cambia las cuatro válvulas de la presa de Eiras
- Detenido en Vigo, tras un altercado violento en un local en la rúa Pontevedra
- El alcalde acusa a la Xunta de paralizar cuatro grandes obras en Vigo
- Binter lanza billetes desde 85 € para volar entre Vigo y Canarias
Saneamento en Atios
No marco destas actuacións, tamén se leva a cabo unha obra de saneamento na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, cun orzamento de 28.012€. A intervención permitirá dotar de rede de saneamento a catro vivendas mediante a instalación dun colector de 120 metros, tres pozos de rexistro e a repavimentación integral do camiño afectado.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salienta que “estas obras son fundamentais para dar resposta
ás necesidades das parroquias e do barrio de Carracido. Actuar en Coto do Muiño, A Relva, Contrasto, O Regueiro e na Travesía de Novás significa apostar polo rural, pola cohesión territorial e pola calidade de vida da veciñanza que vive nelas ou as utiliza a diario”.







