O Concello de Nigrán e o Centro Cultural A Camoesa abren ata o 12 de agosto ás 22:00 horas o prazo de inscrición para participar na popular baixada de carros de bolas que se celebra o 15 de agosto desde as 09:30 horas na rúa San Roque. Esta debe facerse online na web www.eventosnigran.es tendo un custe de 7 €/persoa.

Baixada de carrilanas
A baixada de carrilanas en Camos é un evento cultural e de ocio consolidado como unha tradición na zona, é unha proba de inercia moi divertida, un espectáculo visual emocionante cheo de colorido. Nese día as rúas da parroquia énchense de risas, nervios e aplausos mentres ‘voan’ estes auténticos ‘autos tolos’.
Esta ‘proba’ comeza no Torreiro de San Roque e sigue pola mesma ata afrontar un xiro brusco á esquerda na rúa Xuncido, a partir de aí afrontan un maior desnivel, unha gran rasante, e unha curva final de 90 grados case na mesma liña de meta. Un percorrido de pouco mais de 1 kilómetro de lonxitude cun desnivel do 80%, polo que alguns chegan a alcanzar velocidades de vértigo.

Cada participante pon a proba a súa habilidade e destreza ao volante co fin de acadar un bo rexistro que lle outorgue un premio na competición, sen descoidar o lado máis humorístico. A baixada é un evento que une xeracións e crea recordos inesquecibles, ao ser algo moi propio da parroquia de Camos.
Tamén en vigoalminuto
- El Concello de Redondela ya es el dueño de Villa Elisa
- Denunciado el puerto deportivo de Baiona por un vertido de hidrocarburo a la red de saneamiento
- Ya tienes plan para esta noche: en el Ocean Rock Bar, Adolfo FH, en concierto para ‘Cada niño un juguete’
- ‘Hey Hematoma’ y ‘Foggy Mental Breakdown’ incendiarán la Sala Rebullón, este domingo
- La Guardia Civil interviene más de 3.000 litros de gasóleo bonificado en una venta fraudulenta en una gasolinera de Campo Lameiro
- En marcha la humanización de las rúas Tomiño y Soutomaior
‘Flota como poidas’
Por outra banda, o Concello de Nigrán celebrará finalmente o 24 de agosto a concentración de artefactos flotantes ‘Flota como poidas’ na Ramallosa, abríndose o prazo de inscrición próximamente.







