A Deputación de Pontevedra organiza este mércores 16 e o venres, 18 de xullo, unha nova xeira de Catas con Historia no Castelo de Soutomaior. Trátase dunha actividade guiada baixo os viñedos do recinto histórico, unha experiencia única que une patrimonio, paisaxe e viño para a que as entradas xa están á venda a través do portal de venda de entradas do castelo.
Así, o organismo provincial pon á disposición do público un total de 60 entradas, 30 para cada quenda, para que as persoas participantes poidan gozar dun percorrido sensorial entre as cepas de albariño e uvas doutras variedades que rodean o castelo. As persoas participantes poderán degustar viños das tres adegas do Concello de Soutomaior que forman parte da D.O. Rías Baixas (Cosecheros Reunidos de Soutomaior, Noelia Bebelia e Quinta das Eiras), e descubrirán as particularidades de cada un deles da man do sommelier Jacobo Rivas.
Entradas e horario
A actividade comezará ás 19:00 horas, cunha visita guiada de arredor de 45 minutos. Despois da visita
iniciarse, arredor das 20:00 horas, a cata, guiada con maridaxe e a actuación musical do grupo Raúl&Cía. As entradas están dispoñibles a un prezo de 10€ por persoa e pódense adquirir ata un máximo de nove entradas por reserva.
Tamén en vigoalminuto
- KLM conectará Santiago de Compostela con Ámsterdam, a partir del próximo verano
- En peligro 1,9 millones recibidos por el Concello para bonificar viajes en Vitrasa
- Vigolandia vuelve al IFEVI con cinco días de ocio infantil, grandes hinchables y animación
- Arranca la instalación de gradas en el parque Nelson Mandela de Navia
- Seis detenidos por lesiones, tras una violenta pelea en una vivienda ocupada en Vigo
- La Guardia Civil denuncia a un bazar de Gondomar por vender pirotecnia sin autorización ni medidas de seguridad
Vendima
Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en catro hectáreas (o recinto ten unha extensión de 23), foron plantados en 1984. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmidos, fértiles e con cuberta vexetal. A uva é autóctona, na súa maioría albariña, habendo outras variedades brancas como o godello, torrontés, loureiro e treixadura.
Todos os anos a Deputación saca a poxa pública a vendima dos seus viñedos e o ano pasado recolléronse preto de 13.000 quilos de uva (800 quilos máis que a previsión inicial), a un prezo de 1,47 euros por quilo de albariña e 1,05€ por quilo doutras variedades.






