A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (forGA) organiza na súa sede de Vigo cinco cursos para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas. Os cursos comezan en setembro e son 100% subvencionados. As alumnas/os recibirán a certificación oficial para optar de forma inmediata a postos de traballo na especialidade que elixa. Inclúen ademais prácticas en empresas e formación en prevención de riscos laborais.
Solicitudes
Hai un límite de 15 prazas por curso e as solicitudes deben facerse na web forga.gal. O único requisito é estar inscrito como demandante de emprego.
Outras novas en vigoalminuto
- Cinco novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+, dende o luns
- Galicia, en alerta amarela este domingo por chuvias fortes
- O Porriño moderniza o pavillón do CEIP Xosé Fernández López e mellora a accesibilidade
- Beade quenta o outono a base de callos!
- Críticas á falta de transparencia do Goberno local de Redondela
- “Menú del Día”, el cortometraje vigués que arrasa en festivales internacionales de terror
Cursos
Os cursos son:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Cociña
- Operacións básicas de restaurante e bar
- Soldadura por arco baixo gas protetor con electrodo non consumible (soldeo MIG/MAG)
- Habilitación para a docencia en grados A, B e C do sistema de Formación Profesional
“Son cursos que preparan para perfís moi demandados a día de hoxe no mercado laboral”, explica Xan Colazo, responsable da sede de forGA en Vigo, “e as alumnas e alumnos saen coa capacitación e a certificación necesaria para traballar”.