Cultura

ToQuinho, Solpores do Rebullón ou blues en Cesantes, plans para este xoves

O cantante brasileiro celebra en Vigo os 60 anos de carreraira musical

ToQuinho, Solpores do Rebullón ou blues en Cesantes, plans para este xoves

Vigo será unha das ciudades decelebración da xira na que Toquinho celebra 60 anos de carreira musical cun espectáculo no que revisará os grandes éxitos do seu repertorio coa compañía de Camilla Faustino.

Un referente da música brasileira

Nado en São Paulo en 1946, Toquinho é unha figura clave da música brasileira. Formado en guitarra clásica, destacou como compositor e intérprete, e o seu talento levouno a colaborar con lendas como Chico Buarque,Tom Jobim ou Vinicius de Moraes, con quen creou un dos dúos máis entrañables e fértiles da historia da bossa nova. Xuntos asinaron cancións inmortais como Tarde em ItapoãRegra Três ou Como dizia o poeta.

Ao longo da súa carreira, Toquinho lanzou máis de 80 discose fixo máis de 10.000 actuacións por todo o mundo. A súa obra abrangue desde amúsica infantil ata a canción de autor, sempre cun estilo recoñecible e unha capacidade única para conectar co público. Tamén ten colaborado con artistasinternacionais como Paulinho da Viola, Maria Bethânia, Ornella Vanoni ou Sadao Watanabe. A súa obra é esencial para comprender a historia da bossa nova e da música popular brasileira do século XX. Cancións como AquarelaTarde em Itapoã ou O caderno forman parte da memoria musical de varias xeracións.

Entradas á venda enteutickets.com
Data: 10 de xullo de 2025
Hora: 21:00h
Lugar: Auditorio Mar de Vigo
Prezo: Desde 25€

SR.SALVAJE, nos Solpores do Rebullón

O ciclo cultural Os Solpores da Rebullón continúa este xoves 10 con SR. SALVAJE. Co seu último álbum “Vuela” (2023), o cuarteto posiciónase como unha das bandas máis prometedoras do rock estatal. O disco, con 12 temas, mestura rock clásico con soul, country e toques sureños, destacando por potentes guitarras e riffs contaxiosos.

Singles como “Gasolina” ou “Leyenda” – todos con videoclip – anticiparon este traballo que segue a estela do seu EP “III” (2020). A súa enerxía en directo lembra a grupos como Tarque, M-Clan ou Los Zigarros.


Outras novas en vigoalminuto


Actualmente en xira, xa superaron os 40 concertos por Galicia e Península. A banda, formada por Guillermo Vistoso (voz/guitarras), Antón Torroncho (baixo), Emilio Iniesta (batería) e Manuel Gómez (teclados), conta coa produción de Iago Pico e Arturo Vaquero. Unha oportunidade única para disfrutar do seu electrizante directo nun escenario único.

Todos os concertos serán ás 21h da noite e terán lugar ao aire libre, nun entorno acolledor, accesible e pensado para todos os públicos. A entrada é libre ata completar aforo e funcionará con billeteira inversa.

Con esta iniciativa, Os Solpores da Rebullón consolídase como unha cita imprescindible do verán na comarca, apostando pola cultura de proximidade, a música en directo e os encontros comunitarios.

Claudio Gabis Blues Band, este jueves en el ciclo Blues And Rías en Cesantes

La Playa de Cesantes se prepara para una noche histórica con la llegada del legendario guitarrista argentino Claudio Gabis y su banda. El próximo jueves, 10 de julio, el maestro Gabis, figura fundacional del rock en Latinoamérica y reconocido por su trabajo con Manal y su etapa solista, ofrecerá un concierto único en Brisa Chiringo, marcando la apertura del ciclo veraniego de BLUES & RÍAS.

Claudio Gabis, quien ha sido mentor de músicos de la talla de Ariel Rot y Andrés Calamaro, regresa a Galicia, una región que ha visitado de forma consecutiva durante los últimos 15 años. En esta ocasión, repasará más de 55 años de trayectoria musical, incluyendo los éxitos de su carrera con Manal y material de su etapa solista, destacando la banda sonora de “El Eternauta”, la exitosa serie de Netflix que está triunfando a nivel mundial.

Le acompañará en el escenario su banda viguesa, RED DUCK BLUES, formada por Frans Banfield, Juanma Ons, Manu Ares y Tincho Amenabar, prometiendo una noche inolvidable de blues de primer nivel.

  • Lugar: Brisa Chiringo, Playa de Cesantes
  • Fecha: Jueves, 10 de julio
  • Hora: 21:30h
  • Entrada: 10€ (incluye consumición)
  • Entradas disponibles en: www.bluesandrias.com

Tardeos, no Rosal

Verán refrescante no Rosal. O Concello prepárase para combater a calor cunha orixinal proposta, unha xincana acuática para a rapazada, unha actividade de balde que dará o pistoletazo de saída aos Tardeos na Praza, un programa que este verán encherá de vida e dinamismo a Praza do Calvario durante os meses de xullo e agosto.

A primeira cita será este xoves 10 de xullo ás 19.30 h cunha xincana acuática de balde para que nenas e nenos poidan gozar dunha tarde pasada por auga. Haberá probas divertidas como brilé con esponxas, desafíos de puntería con pistolas de auga, lanzamento de globos con paracaídas, un circuíto de obstáculos acuático e moito máis, asegurando que todas e todos os participantes rematen empapados de pés a cabeza e co mellor dos sorrisos.

Te podría interesar