Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da IX edición de Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos do Porriño, que se celebrará os vindeiros sábado, 12 e domingo 13,de xullo e que converterá as rúas da vila nun escenario onde convivirán galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, que ademais competirán en probas olímpicas, desfilarán por toda a vila e animarán a veciñanza a desfrutar dunha programación chea de música, espectáculos, gastronomía e actividades para todas as idades.
O acto, celebrado na Praza Arquitecto Antonio Palacios, contou coa presenza de representantes da hostalería e do comercio local, así como das entidades sociais, culturais e deportivas que participan
activamente na organización desta edición. Acompañados tamén polos célebres Astérix, Obélix e Ideafix, deron a coñecer a programación que converterá O Porriño no epicentro da festa e da historia viva esta fin de semana.
Desfile con 200 persoas
Este ano, a festa contará cun gran desfile no que participarán máis de 200 persoas, distribuídas en 9 comparsas que representarán as distintas civilizacións. O pregón oficial será o sábado 12 ás 13:00 h, a
cargo do influencer Miguel Mandayo, quen tamén acenderá a chama olímpica acompañado por Tonhito de Poi e Pepo Suevos.
O acalde, Alejandro Lorenzo, presente no acto, salientou o carácter participativo e colectivo da
celebración e aproveitou para facer un agradecemento público a todas as asociacións, ANPAS, clubes
deportivos, agrupacións culturais, comerciantes e hostaleiros do Porriño que fan posible esta festa.
“Porrigalia é unha festa feita por e para a xente do Porriño. É unha mostra da nosa creatividade, do noso
humor e das ganas de pasalo ben en comunidade. Este ano teremos actividades para todos os públicos,
pensadas para compartir en familia e coas amizades. Quero agradecer de corazón o traballo e implicación de todas as asociacións, ANPAS, clubes deportivos, agrupacións culturais, comerciantes, hostaleiros, persoal municipal e voluntariado que fan posible que Porrigalia siga medrando ano tras ano”.
Tamén en vigoalminuto
- Nigrán reunirá, este domingo, a 525 nadadores en la travesía a nado Costa Serena
- Los chiringuitos de playa “pueden abrir esta misma tarde, si quieren”
- Vigo acogerá los actos centrales del ‘Día de la Policía’, con un gran despliegue en García Barbón
- Intervenidas por primera vez en Vigo sustancias utilizadas para prácticas chemsex
- Cursos gratuitos para inserción laboral, en Vigo
- O Colexio de Psicoloxía de Galicia alerta do grave deterioro do sistema de protección de menores
PROGRAMACIÓN COMPLETA PORRIGALIA 2025
Sábado 12 de xullo
- 11:30 h coa animación de rúa a cargo da Charanga Anchoa, Batucada Lenha Verde e Batucada da Asociación Cultural Miúdos, que percorrerán as principais rúas do centro.
- 12:00 h terá lugar o gran desfile da chama olímpica, que sairá do templete da rede de San Luis e chegará á Praza Arquitecto Antonio Palacios, coa participación da Garda Romana (Legio X Gemina do Club Falcata) e a recepción oficial do Rei Castrexo Pepo Suevos, acompañado por Tonhito de Poi.
- 13:00 h, o influencer Miguel Mandayo será o encargado de ler o pregón oficial e acender a chama
olímpica, nun acto no que tamén terá lugar o destronamento simbólico do alcalde por parte do rei
castrexo. A continuación, ofrecerase un concerto de Pink Porris, na mesma praza. Trátase dunha banda
de punk rock local de Atios, O Porriño. Son coñecidos pola súa enerxía, a súa música parte o granito. - Ás 14:00 h, abrirán as tabernas da vila para o xantar popular e, ao mesmo tempo, desenvolverase un
showcooking en directo, na Praza do Concello, a cargo do cociñeiro Julio Mato. - Pola tarde, desde as 18:00 h, haberá obradoiros infantís polas rúas e dúas sesións de exhibicións de
voos de cetraría no Parque Infantil (ás 18:00 h e 19:00 h). - Entre as 19:00 h e as 22:00 h, diferentes DJs amenizarán varias prazas da vila, ao tempo que continúa a animación de rúa coa Charanga Fanfarria Furruxa, Charanga Os Caliqueños, Batucada Lenha Verde e Batucada Miúdos (de 19:00 a 23:00 h).
- Ás 19:30 h, celebrarase na Praza do Cristo a tradicional competición das Olimpíadas Técnicas
- ás 21:00 h o Mimo Karkocha levará o seu espectáculo itinerante polas rúas
- seguirá ás 22:00 h, o grupo Os Mendigos ofrecerá un concerto de música medieval na Praza Arquitecto Antonio Palacios
- ás 23:30 h. terá lugar a gran queimada popular, a cargo do mítico Rei Panoramix
- por último, ás 23:45 h pechará a noite o concerto de Los Kabrönes!!! + sesión DJ na rúa Domingo Bueno.
Domingo 13 de xullo
- o día arrincará ás 10:30 h co Gran Desfile Olímpico, desde o templete da rede de San Luis ata a Praza Arquitecto Antonio Palacios, coa participación das cinco civilizacións
- Ás 11:00 h, celebraranse na Praza do Cristo as probas olímpicas protagonizadas polas comparsas de galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, e ao mesmo tempo continuará a animación de rúa coa Charanga Turres Band, Charanga Sacacorchos e Batucada Os Vikingos
- 12:30 h, o grupo Louband actuará en concerto na Praza Arquitecto Antonio Palacios
- seguido, ás 13:00h. unha nova exhibición de voos de cetraría no Parque Infantil
- Pola tarde, ás 18:00 h, repetirán os obradoiros infantís polas rúas e celebrarase un concerto infantil
dobre, coa actuación da Orquestra de Camarote e do grupo Oviravai, tamén na Praza Arquitecto
Antonio Palacios - Ás 18:30 h haberá unha nova sesión de voos de cetraría
- e ás 19:00 h, os máis pequenos poderán participar na actividade “Gladiator Kids”, na Praza 8 de Marzo.
Ás 19:30h. continuará a animación de rúa cos mesmos grupos da mañá - e ás 21:00 h celebrarase o concerto de Los Hijos del Acorde, de novo na praza principal.
- Así, ás 22:30h. espectáculo final “Errantes” da compañía Troula Animación e a entrega simbólica do bastón de mando
- finalmente, ás 23:00 h, o concerto de Ortiga + sesión DJ, tamén na Praza Arquitecto Antonio Palacios, porá o broche de ouro a esta novena edición de Porrigalia