A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor ven de anunciar a través do Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) de hoxe, martes 8 de xullo, a convocatoria de 10 novos postos de socorristas que se sumarían aos 28 que actualmente están a traballar nas praias de Nigrán e Baiona. Os interesados dispoñen ata o 15 de xullo para presentar a súa candidatura -as bases están penduradas na Sede Electrónica da Mancomunidade-.
Tamén en vigoalminuto
- El alcalde denuncia el ataque de Louzán a la candidatura de Vigo al Mundial 2030 y el PP le insta a dirigirse a la FIFA
- Este fin de semana, Vigo se pone al volante del futuro: del Tesla Cybertruck al BMW iX3 en el Salón del Automóvil
- Luisa Sánchez agradece al alcalde Caballero su rectificación y le pide más ambición en ayudas a la vivienda
- O comercio do Porriño toma as rúas coa XXXIII feira de oportunidades “Merca na Rúa”
- Máis de 23.000 paus de batea retirados nunha hora: o Tarugotón volve mobilizar o voluntariado nas praias galegas
- La vivienda subió un 14,1% en Galicia en 2025, por encima del 12,7% del conjunto de España
38 socorristas
Deste xeito, os concellos aspiran este ano a contar con 38 socorristas e un coordinador -xa cuberto-, catro máis que no verán de 2024, cando se completou a oferta. Concretamente, traballarían ata o 27 de setembro.
A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor logrou cubrir nos derradeiros dous anos a totalidade das prazas requiridas grazas a ter ofrecido Nigrán e Baiona diferentes cursos gratuítos que habilitan para poder exercer de socorrista en espazos acuáticos naturais.






