O Concello do Porriño vén de resolver as primeiras solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria de axudas en materia de rehabilitación residencial e vivenda social na contorna residencial de rehabilitación programada (ERRP) de Torneiros, financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Deste xeito, dos 872.425€ dispoñibles para a rehabilitación de vivendas, xa se teñen adxudicado un
total de 781.754€, o que supón case o 90% dos fondos da liña de axuda. As actuacións aprobadas
permitirán obter unha mellora superior ao 60% no aforro enerxético, o que implica que se subvencione o
80% do custe total das obras, segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria.
Urbanización e mellora da contorna
Ademais das axudas a particulares e comunidades, o Concello do Porriño tamén investirá en torno a
100.000€ para a urbanización e mellora da contorna, actuación que se suma ás intervencións xa en
marcha co obxectivo de humanizar e revitalizar o barrio de Torneiros.
Este avance forma parte dun proxecto global de rehabilitación, impulsado polo Goberno local, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, a calidade de vida da veciñanza e a cohesión social nun dos principais núcleos residenciais do municipio.

Despois de moitos anos sen ningún tipo de actuación, recentemente estanse a executar diversas intervencións como esta liña de axudas á rehabilitación de vivendas e un ambicioso plan de mellora da
rede viaria municipal, que inclúe obras de renovación de pavimento, mellora do drenaxe, beirarrúas,
sinalización e zonas de estacionamento en diferentes camiños da parroquia, co obxectivo de revitalizar a contorna e responder ás demandas históricas da veciñanza.
“Esta resolución representa un paso adiante moi relevante nun proxecto transformador para Torneiros.
Seguiremos traballando para captar máis fondos e ampliar o alcance das actuacións”, destaca o alcalde,
Alejandro Lorenzo.
Tamén en vigoalminuto
- Tui celebra a Festa do Miño con gastronomía popular, música en directo e prezos desde 1 euroMáis de trinta propostas para probar e actuacións en directo toda a noite
- O BNG leva ao Concello un plan para recuperar o Lagares, o río que máis plásticos verte á ría de VigoE propón declarar todo o seu percorrido como Espazo Natural de Interese Local (ENIL)
- Nueva batalla por Peinador: la Diputación pide unidad y Caballero dice que el PP «ha acabado cediendo»Luisa Sánchez plantea un acuerdo con Aena, Xunta y Concello para recuperar el aeropuerto
Axudas
O prazo para solicitar estas axudas continúa aberto ata o 31 de xaneiro de 2026, polo que dende o
Concello anímase á veciñanza a informarse, a beneficiarse desta oportunidade histórica de mellora das
súas vivendas e da contorna, e ponse á disposición de todas as comunidades de veciños os servizos
técnicos e xurídicos municipais, así como a Oficina de Vivenda.



