Comarcas

Vas deixar pasar a Festa da Langosta, en A Guarda?

Está aberta dende este venres ata o domingo

Vas deixar pasar a Festa da Langosta, en A Guarda?

O porto da Guarda xa está listo para a XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, cunha carpa máis grande, de 1.200 metros cadrados, que abrirá este venres ás 12:00h. Xusto antes, ás 11:30h, o Grupo de Gaitas da Terceira Idade porán en aviso do comezo da festa cun pasarrúas para encher os recunchos da Guarda de Música.

A inauguración oficial da festa co pregón será ás 20:30h, cun persoeiro de luxo, Rafa Durán. O humorista e presentador de Baiona, será o encargado de dar a benvida a este 33ª edición da festa. Ademais, farase entrega da Langosta de Honra á Agrupación Musical da Guarda.

Concertos…

O exterior da carpa do porto converterase en escenario de tres concertos máis. A banda Meighalho, a Agrupación Musical da Guarda e O Sonoro Maxín, para gozar da mellor gastronomía con música durante todo o fin de semana.

…trapecistas

Ademais este ano a festa conta cun espectáculo moi diferente e dirixido ao público familiar, o sábado ás 20:00h. “Volando vengo!” de Kanbahiota, catro trapecistas que mesturan humor e acrobacias.

A Festa da Langosta xa vai máis alá dunha carpa onde comer”, comenta o alcalde, Roberto Carrero, “este ano contamos con moita música, ademais gran parte dela de orixe local, e con espectáculo para desfrutar en familia dunha fin de semana espectacular”.


Tamén en vigoalminuto


…singladuras…

Durante o sábado e domingo haberá saídas de navegación co volanteiro Piueiro tanto pola mañá (11:00 e 12:00h) como pola tarde (17:00 e 18:00h). A información e as reservas estarán dispoñibles no punto de información do interior da carpa.

… e centos de kilos de langosta

Nesta edición, o Concello da Guarda aposta por ampliar a festa tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700 kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía).  Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.

Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a langosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a langosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.