O Concello do Porriño avanza na modernización do seu Mercado Municipal coa publicación da licitación para a reforma integral da Praza de Abastos, que se realizará ao longo deste ano e o próximo. Así, o prazo para presentar ofertas estará aberto ata o 29 de xullo. Esta actuación, cun investimento superior aos 400.000€, forma parte do proxecto estratéxico para transformar o mercado nun espazo moderno, funcional e accesible, mantendo o seu valor patrimonial.
Rehabilitación
A reforma inclúe a rehabilitación da cuberta e a restauración das fachadas, melloras na distribución dos postos de venda, especialmente nas zonas de peixaría e froitería, e a incorporación de novos sistemas de iluminación, protección solar e equipamentos comerciais compartidos. Ademais, prevese a recuperación de locais baleiros para a instalación de novos negocios, a renovación dos aseos e a mellora dos accesos, incluíndo a instalación de portas automáticas para facilitar a entrada de mercancías.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, sinala que «esta licitación é un paso decisivo para continuar co proceso de
modernización dun mercado que é un símbolo do noso centro urbano e da economía local. Queremos
que a Praza de Abastos siga sendo un espazo atractivo e funcional para praceiros e clientes, preservando
a súa identidade e potenciando o comercio de proximidade ”.
Tamén en vigoalminuto
- Denuncian la contratación de médicos sin especialidad en centros de Atención Primaria del área sanitaria de Vigo
- O Colexio Plurilingüe Alba impulsa o ciclo de conversas MULLER_ES
- La Audiencia de Pontevedra absuelve al policía local de Vigo acusado de violación
- La Diputación firma un convenio con el Celta para crear una escuela de fútbol
- La Policía Nacional detiene al último implicado en varios robos y la sustracción de dos vehículos
- Caballero apoya la huelga de médicos y carga contra la Xunta por su “pésima actuación” en la sanidad
Por fases
Esta intervención enmárcase nun proxecto máis amplo que o Concello está a desenvolver por fases. Xa
se investiron máis de 550.000€ nas fases previas para renovar instalacións, mellorar a iluminación,
ampliar espazos e renovar fachadas. Agora, esta nova fase vén consolidar esas melloras e adaptar o mercado ás necesidades actuais, mantendo vivo un edificio con valor arquitectónico asinado polo
prestixioso arquitecto José Bar Boo.






