Deportes

En marcha o ‘Arena 1.000’ de Balonmán Praia

Con máis de 150 equipos e 2.000 deportistas

En marcha o 'Arena 1.000' de Balonmán Praia

A praia de Silgar acolleu este xoves a presentación oficial do Arena 1000 Sanxenxo, unha das citas máis destacadas do verán no calendario estatal de balonmán praia. A competición, que se celebrará do venres 4 ao domingo 6 de xullo, convertirá Galicia no epicentro do balonmán praia estatal, coa participación de máis de 150 equipos e 2.000 deportistas de todo o país.

O Arena 1000 Sanxenxo será a única proba do circuito Arena Handball Tour que se celebre en Galicia, convertendo a praia de Silgar nun auténtico estadio de balonmán praia ao aire libre, con oito pistas en paralelo e partidos en horario de mañá e tarde.

19 equipos galegos

Entre os/as participantes, haberá unha importante representación galega, con 19 equipos galegos clasificados a través do Torneo Deputación de Pontevedra, que competirán nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior, tanto feminina como masculina.

As finais do domingo retransmitiranse por Teledeporte, ofrecendo visibilidade ao evento en toda España, mentres que o resto da competición da pista central poderá seguirse en streaming durante toda a fin de semana.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.