A Deputación reivindica en Vigo o seu compromiso coa cidade

E os preto de 40 millóns comprometidos nos dous primeiros anos de mandato

A Deputación reivindica en Vigo o seu compromiso coa cidade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reivindicou hoxe en Vigo o modelo
implantado polo seu goberno de “escoitar, entender e atender”. O edificio de O Tinglado do Porto foi o escenario escollido para organizar o acto de balance de metade de mandato, nunca antes na historia do organismo provincial se celebrara un acto deste tipo na principal cidade de Galicia. Coa asistencia de alcaldes e concelleiros da maior parte dos 61 concellos da provincia, así como de representantes de colectivos de todos os ámbitos da vida social e todas as comarcas e representantes doutras institucións con presenza na provincia.

Compromiso con Vigo

A aposta polos concellos inclúe, tamén, a cidade máis importante da provincia, como sinalou a vicepresidenta, Luisa Sánchez, quen salientou que nunca unha administración provincial tivo tan presente a Vigo porque a Deputación está en cada un dos grandes proxectos transformadores”. Nesta liña, fixo referencia aos 13 millóns de euros destinados á Grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos, a recuperación do Cine Fraga, “o rescate de 6,2 millóns de euros, correspondentes ao mandato anterior, que se ían perder, para executar diversas obras de mobilidade na cidade”; a dotación de 5 millóns cada ano, a través de convenios bilaterais, os 2 millóns destinados a apoiar a 180 entidades deportivas; a colaboración cunha vintena de asociacións veciñais; a subvención de máis dun milleiro de actos culturais ou a inclusión do Underfest Xacobeo na marca de festivais de música Rías Baixas Feste.

A vicepresidenta sostivo que “queremos que os case 40 millóns de euros de investimento comprometido en Vigo nestes dous anos sigan aumentando.Porque máis Vigo é máis provincia”.

Impulsar mellores servizos e infraestruturas

Durante o acto, o presidente, Luis López, asegurou que o logro destes dous anos de xestión, non está tanto nunha cifra-máis de 235 millóns de euros- ou nunha obra en concreto, como “nun novo e necesario xeito de gobernar”, unha marca que o abrangue todo e na que caben todos: vivan onde vivan, pensen o que pensen, voten a quen voten. “Falo de escoitar, entender e atender”, resumiu Luis López quen afirmou que “escoitamos á provincia, e froito de ter o cinco sentidos postos no territorio, extraemos media ducia de conclusións que son as bandeiras do noso goberno”, apuntando a presenza da Deputación na provincia cunha cifra: 4.530 actos de goberno realizados nestes dous anos, un 83 % máis co anterior goberno a estas alturas de mandato. “Entendemos que o futuro pasa por impulsar 61 apostas de investimento en 61 concellos, entendemos que o movemento veciñal é un
motor que tiña que recuperarse, entendemos que esta é a provincia do deporte, que as Rías Baixas son
mar e son interior
, que a Deputación actúa ante o reto demográfico cando descentraliza a súa actividade e, finalmente, entendemos que a cultura é o selo de identidade do noso territorio”
.

Investimentos nos concellos

“A nosa prioridade número un son os concellos”, comentou o mandatario provincial. A proba é que nestes dous anos, a Deputación mobilizou 235 millóns de euros que se traducen en 600 actuacións” a través dos 96.4 millóns do Plan +Provincia, 59 grandes investimentos cos 38 millóns do Plan Extra e 180 modernizacións de equipamentos deportivos a través dos dous Plan Extradordinarios de Infraestruturas Deportivas, dotados con 12 millóns; 40 actuacións ao abeiro do PON2030, de 28,1 millóns de euros e 17 millóns para mellorar a rede viaria a través de convenios con 19 concellos e coa posta en marcha de 43 obras en 30 municipios impulsadas polo servizo de Infraestruturas.

Deporte

Vivimos na provincia do deporte; e a nosa misión tamén está definida: queremos que todo o mundo o
saiba. Nestes dous anos aplicamos unha estratexia transversal que alcanza tanto aos equipamentos como
aposta polo talento dos deportistas, da base á elite”
, sinalou Luis López antes de deterse en cifras como os 36 millóns de euros para 215 actuacións en infraestruturas deportivas, o apoio a 720 deportistas da provincia que viron como as axudas incrementáronse nun 50%, a celebración de grandes eventos en distintos puntos da provincia, como o paso de La Vuelta por segundo ano consecutivo, as series mundiais de tríatlon ou a aposta para que Vigo sexa sede do Mundial 2030; así como medidas novidosas coma as axudas para o turismo deportivo ou o programa DepoVan.

Turismo

Luis López adiantou que “estamos e camiño de atraer 2 millóns de persoas ao noso territorio”, e puxo o foco na promoción por primeira vez do interior da provincia a través da premiada campaña ‘Cando Volves?i. “Escoitar ao sector para deseñar a nova estratexia de turismo Rías Baixas 61, o excelente trato ao visitante nacional e o crecemento do turismo internacional, a posta en valor da tranquilidade como selo dun destino familiar, sustentable, desestacionalizado e descentralizado; a potenciación de produtos propios como o enoturismo ou o Camiño de Santiago”.

Descentralización

López engadiu que para afrontar o reto demográfico, o goberno provincial decidiu apostar polo apoio á xuventude, con 2,5 millóns de euros investidos nun departamento especificamente creado para este fin; como por organizar eventos sociais, culturais e deportivos lonxe das áreas urbanas, como os Mestre Mateo en Lalín, os mundiais de Enduro no Deza ou a Gala de Turismo en Moraña. “Axudamos a afrontar este reto cando trasladamos a nosa actividade fóra dos eidos urbanos”, dixo.

Cultura

O último deses seis eixos, concluiu o presidente, é a cultura, que conta con dúas puntas de lanza. “A primeira, a recuperación da Bienal de Arte Contemporánea, que regresa logo de 15 anos a Pontevedra e conta con sedes en Vigo, Ponteareas, O Grove, Sanxenxo e en Pontevedra; e a segunda “o Teatro Cine Fraga, a gran xoia cultural de Vigo que reabrirá as súas portas como un equipamento cultural de referencia no Noroeste de España” resumiu, citando tamén programas reforzados como o Culturea, +Música, Pontevedra Literaria ou os festivais de cinema, música e artes escénicas que espallan a cultura por toda a provincia.


Te podría interesar