O Concello de Mos viviu este sábado unha mañá de exercicio físico coa celebración da Festa da Bici, unha actividade que reuniu a centos de persoas arredor do deporte, a convivencia e o orgullo comunitario. A xornada, enmarcada dentro da programación especial pola saída da Vuelta Ciclista a España 2025 desde Mos, contou cunha elevada participación e un ambiente familiar.
A actividade central foi unha ruta ciclista polas rúas do polígono, con chegada ao Campo de Fútbol das Baloutas, onde os asistentes puideron gozar dunha gran merenda, inchables, obradoiros creativos, animación para a cativada e unha convivencia que reforzou o espírito deportivo e social do municipio.
Tamén en vigoalminuto
- Michel Salgado, ‘Hijo Predilecto’ de As Neves
- Mos aproba definitivamente o proxecto de expropiación para a construción da senda peonil en Dornelas
- O ‘Canjazz 2025’ reúne en Cangas o jazz de catro continentes con artistas de prestixio internacional
- 13 ofertas para ejecutar la obra de construcción del Instituto Domingo Villar, en Navia
- O Porriño destina máis de 3.000 m2 á creación de 80 vivendas protexidas
- El Nintendo Switch 2 Tour llega a Vigo al volante de Mario Kart World
Homenaxe aos clubs de fútbol locais
Un dos momentos máis emotivos da mañá foi o homenaxe aos clubs de fútbol locais que acadaron logros destacados esta tempada, cun recoñecemento especial aos seguintes equipos:
UD Mos:
Equipo Infantil: Campións da 1ª Galicia Futgal Grupo 4º e ascenso a Preferente Futgal.
Alevín: Campións de Liga 2ª Futgal Grupo 1º e ascenso a 1ª Galicia.
Xuvenil: Ascenso a 1ª Galicia.
Club Louro Tameiga:
Senior: Ascenso a Segunda Futgal.
Equipo Infantil feminino: Campioas da segunda fase da Liga Galega Infantil.
Infantil masculino: Ascenso a Segunda Futgal.
Durante o evento entregáronse tamén camisetas conmemorativas aos menores de 14 anos inscritos, que esgotaron as 500 unidades dispoñibles.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, subliñou que “a Festa da Bici representa á perfección o que queremos para Mos: un concello activo, unido e orgulloso dos seus deportistas. Hoxe foi unha festa da mobilidade sostible, da familia e tamén do talento local”.