Comarcas

As rúas do casco histórico de Redondela soportan máis de 2.500 vehículos ao día

As cámaras detectaron 9247 matrículas diferentes: unha cifra moi superior ao volume de residentes no barrio

O Concello de Redondela traballa na reordenación do tráfico no casco histórico da vila. A restrición do tráfico nesta zona busca “mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños e veciñas, fomentar a sostibilidade  e preservar o patrimonio histórico”. De feito, as restricións de tráfico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións no caso histórico son moi frecuentes, o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns.

Cámaras de control

Para facer do casco histórico unha zona máis accesible e segura instaláronse cámaras de control do tráfico, ás que teñen acceso os corpos e forzas de seguridade. Para unha xestión máis eficiente da circulación as cámaras están situadas nos puntos do casco vello que recomendou o estudo da Policía Local: praza da Constitución, rúa Prata, rúa Pai Crespo e Campo das Redes.

Os dispositivos identifican as matrículas dos vehículos para verificar que só circulan os que están autorizados. Nos primeiros vinte días de funcionamento rexistraron case 51.000 vehículos (50.979), o que fai unha media de 2.500 coches ao día.

Desde o Concello de Redondela advirten que “este elevado volume de tráfico resulta incompatible coa conservación do patrimonio e a seguridade da veciñanza e dos peóns”.

Entre todos os vehículos que circularon por esta zona restrinxida no prazo de vinte días detectáronse 9.247 matrículas diferentes. A cifra é moi superior ao volume de residentes estimado na casco histórico. Nun principio as cámaras están a funcionar en probas. Previamente á súa entrada oficial en funcionamento, informarase á cidadanía.


Tamén en vigoalminuto


Acceso só permitido a residentes e propietarios de inmobeis no casco histórico

O acceso está permitido para os residentes e propietarios de inmobles no casco histórico. Do mesmo xeito poden circular os vehículos de servizos públicos e emerxencias, así como as operacións de carga e descarga. Desde o Concello sinalan que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico.

As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e axudarán a que as rúas sexan máis seguras. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes xa que estarán conectadas á policía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.