Este sábado, día 28 é a hora da nova edición do Día do Porriño Orgulloso, no Paseo do Louro, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGTBI+. A xornada contará cunha programación continua desde as 16:00 horas ata as 2:00 da madrugada, pensada para todos os públicos.
Actividades infantís
As actividades infantís desenvolveranse de 16:30 a 20:30 horas, con inchables de auga e de salto para os máis pequenos. Entre as 18:00 e as 20:00, haberá obradoiros de tatuaxes temporais e pintacaras.
Ademais, a tarde contará coa participación especial do Mago Marco, que sorprenderá ao longo da
xornada.
Música en directo
Durante toda a tarde e noite, o escenario do Paseo do Louro vibrará coa música en directo de varios
artistas, entre os que destacan Acoustic (16:00), Law (17:00), Iker Faure’s Band (18:00), Sheila Patricia
(19:00), As Drags (20:00) e Orballo Cultural (21:00).
Tamén en vigoalminuto
- El Concello destina 2,7 millones extra a rehabilitar 159 viviendas en Coia y activa suelo residencial en Bouzas
- O BNG anima en Vigo a galeguizar os nomes e apelidos coa súa campaña ‘Pronúnciate’
- Arrestado, tras pegarle un puñetazo a su pareja
- El alcalde anuncia que habrá bandera azul en la playa «Samil derecha»
- Tui mergúllase no Entroido: desfile, música e o Enterro do Bacallau esta fin de semana
- Muere Eric Dane, el popular “McSteamy” de Anatomía de Grey
Baiuca
Ás 23:00h. terá lugar o gran concerto de Baiuca, un dos artistas galegos con maior proxección internacional, que ofrecerá un espectáculo audiovisual impactante. Un dos momentos máis especiais da xornada será a Gala Drag Queen do Porriño Orgulloso, conducida por Marlen Soto e Khrystal De Luxe, coa actuación estelar de Marisa Prisa, unha das figuras máis queridas do panorama drag estatal.
A festa estará acompañada de foodtrucks, postos de segunda man, presenza de protectoras de animais e actividades pensadas para toda a familia, convertendo esta cita nun espazo de encontro, inclusión e celebración para toda a veciñanza e visitantes.






