O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo denunciou onte a “complicidade por inacción” do Goberno municipal ante a “operación ilegal de Uber na cidade, que leva sete días funcionando sen autorización“. O BNG reitera a esixencia de que o Concello aplique medidas urxentes, como a intervención da Policía Local, denuncias á Xunta e accións xudiciais para frear esta actividade e protexer o sector do taxi, regulado polo Concello.
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal nacionalista, criticou o “silencio irresponsábel” do alcalde Abel Caballero, que non respondeu ás demandas do BNG nas Comisións Informativas do pasado luns nin adoptou medidas para impedir que Uber opere nas rúas de Vigo. “Sete días despois de que Uber comezase a actuar de maneira pirata, o Goberno municipal non moveu un dedo”, reprochou o portavoz.
Por este motivo, o Bloque anunciou que vai solicitar a convocatoria urxente do Consello Sectorial de Transportes do Concello para analizar a situación e coordinar medidas que poñan fin a esta ilegalidade.
O BNG reitera a proposta de accións concretas: que a Policía Local identifique e inmobilice os vehículos de Uber que operan ilegalmente, que o Concello denuncie a situación ante a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, que se estuden accións xudiciais de urxencia e que se inicie a tramitación dunha ordenanza municipal para blindar Vigo contra a ameaza dos VTC.
Tamén en vigoalminuto
- O martes saen á venda as entradas para Vanesa Martín e o mércores para Jason Deluro
- El ‘ascensor inclinado’ de Camelias, volverá a funcionar desde este lunes
- La Justicia desestima el recurso del Concello de Vigo y ratifica que la gestión de la presa de Eiras corresponde a Augas de Galicia
- Crsitóbal Montoro habría obtenido de la Agencia Tributaria datos reservados sobre políticos y famosos
- Luis López anuncia unha partida de 4,4 millóns para a conservación de firmes das estradas da rede viaria provincial
- Arrestado tras agredir a su ex pareja golpeándole la cabeza contra una pared
Barra libre
“Non imos permitir que unha empresa transnacional opaca impoña a lei da selva na nosa cidade, prexudicando un sector regulado e esencial para Vigo. O Goberno de Caballero debe deixar de asubiar cruzado de brazos e actuar xa”, declarou Igrexas, denunciando que a inacción municipal favorece os intereses de grandes empresas privadas a custa da cidadanía e dos taxistas.
Nesta liña, o BNG reitera que o Concello ten as competencias e a responsabilidade de protexer un servizo público como o taxi, fronte a prácticas que promoven a precariedade laboral e a desregulación. “Xa abonda de barra libre para as multinacionais. Vigo merece un transporte público regulado e de calidade, non un modelo que só beneficia os intereses privados de Uber”, concluíu.