Comarcas

O Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana preto de 1,1 millóns para dez concellos

E chega a 38 millóns, no que vai de ano, para municipios de menos de 50.000 habitantes

O Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana preto de 1,1 millóns para dez concellos

A Deputación de Pontevedra destinará preto de 1,1 millóns de euros para que Cangas, Mos, Gondomar Salceda, Cambados, Cerdedo-Cotobade, O Rosal, Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente a través das liñas 1 e 2 do Plan +Provincia 2025.

O presidente provincial, Luis López, lembrou que a Deputación xa leva distribuídos este ano máis de 38 millóns de euros, dos 48,2 co que estaba dotado, “entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

Investimentos

Dos recursos aprobados en Xunta de Goberno, preto de 890.000 € pertencen á liña 1, de investimentos, e irán a Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Gondomar, Mos, Mondariz, As Neves, O Rosal e Salceda de Caselas. No caso concreto do Rosal, a institución provincial vai financiar integramente
a reforma interior do seu Auditorio Municipal, con preto de 900.000 euros: 700.000 € do Plan Extra e preto de 200.000 e do +Provincia.


Tamén en vigoalminuto


Ademais, tamén a través da liña 1, Cangas recibe 125.530€ para a intervención no centro
cultural do Hío
; Cerdedo-Cotobade máis de 45.000 € para as melloras na contorna do pavillón municipal de Cerdedo; Gondomar máis de 48.000€ para o equipamento de bombeo de augas residuais de Castro, Carrasquedo e CDL; Mondariz máis de 53.000 € para a creación dun centro de interpretación da cestería; Mos 382.600 € para a ampliación do parque multiocio da Pesqueira; As Neves preto de 16.000 € para a mellora do torreiro de San Pedro de Batalláns; e máis de 24.000€ para o novo ramal de saneamento en San Estevo de Budiño en Salceda de Caselas.

No que respecta á liña 2, de gasto corrente, esta semana aprobáronse preto de 114.000 euros para que
Cambados e Mondariz-Balneario poidan facer fronte á programación cultural, deportiva e social de
ámbolos dous concellos.

Te podría interesar