O Goberno local vén de aprobar un novo programa de axudas para as comunidades de augas que abrangue control do PSA, alta no SINAC e formación ás directivas das comunidades. O alcalde, Paco Ferreira, reuniuse esta semana cos técnicos da Asociación Traídas Agua Rural (COXAPO) para formalizar un novo convenio que “dará continuidade ao ambicioso programa de analíticas e apoio técnico iniciado polo Concello”.
Este proxecto, asegura Ferreira, “continuará grazas á firme aposta do Goberno municipal, para apoiar ás comunidades de augas na mellora dos seus sistemas de xestión e control sanitario”. O carácter diferenciador, engade o alcalde, é que non hai ningunha administración que subvencione este proxecto que, aos controles xa existentes suma analíticas obrigatorias.
Tres tramos
Así, o programa pilota en tres tramos, o primeiro o Control do PSA (Plan Sanitario da Auga): dirixido ás comunidades que xa participaron na primeira fase e que contan con analíticas completas e inspeccións previas das súas instalacións. Ademais, está aberta á incorporación de novas comunidades de augas que xa manifestaron o seu interese en acceder a este servizo.
Alta e actualización no SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo): imprescindible para que as comunidades poidan subir e actualizar os seus resultados analíticos na plataforma estatal do Ministerio de Sanidade, un requisito legal que só é posible tras aprobar o PSA.
Charlas formativas: que permitirán ás directivas das comunidades de augas recibir orientación detallada sobre as obrigas básicas e a xestión eficaz das súas infraestruturas. O Concello pon o foco en formar e informar ás persoas que están ao fronte das comunidades, ofrecéndolles orientación práctica sobre as súas obrigas, o mantemento das instalacións e o cumprimento da normativa sanitaria. Trátase de reforzar a capacidade de autoxestión e de garantir que o servizo de abastecemento se preste nas mellores condicións posibles.
Tamén en vigoalminuto
- El Gobierno destina 8,7 millones para las rampas de Praza de América a Praza de España
- El vínculo emocional con perros y gatos favorece la mejora del bienestar psicológico
- Denuncian que o goberno de Redondela perdeu catro axudas da Xunta para construír a Escola Infantil de Chapela
- ‘Somos Criminais e punto final’ aterra en Vigo por última vez e por partida dobre
- Conxemar Fest: conciertos gratis y tapas de marisco, pulpo y pescado a 2,5€
- Fin de semana con nubes y claros
Un modelo sostible de xestión da auga
Paco Ferreira salienta a “importancia deste programa como unha aposta clara pola saúde pública e a colaboración co tecido veciñal e comunitario”, lembrando o compromiso do Concello con aquelas comunidades que “prestan un servizo básico á veciñanza”.
Con esta iniciativa, conclúe o alcalde, “o Concello de Gondomar reafirma o seu compromiso cun modelo de xestión da auga transparente, legal e sustentable, apoiando directamente ás comunidades que xogan un papel fundamental no abastecemento en zonas do rural”.