O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Vigo que o Goberno autonómico ten comprometidos máis de 15 millóns de euros na transformación e recuperación do antigo complexo da ETEA. Rueda salientou a importancia de “revitalizar” esta zona para convertelo nun espazo urbano, científico e social á disposición de “Vigo, a súa comarca e toda Galicia”.
Durante unha visita ás obras do ámbito PS-6, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o xefe do Executivo autonómico puxo en valor a intervención xa en marcha, cun investimento da Xunta de 4,8 millóns de euros a finalización prevista para mediados de 2026.
Esta actuación, apuntou o presidente, permitirá dispoñer dun novo espazo urbano de 20.000 m2, centrado na mobilidade peonil, na conectividade verde e na calidade urbana, como paso previo á
construción da futura residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega, dotada con 150 prazas.
O proxecto inclúe tamén a renovación completa das redes de abastecemento, saneamento, electricidade, telecomunicacións e gas, contribuíndo á modernización dunha contorna ata agora infrautilizada.

Gran Campus do Mar
Rueda reiterou que todas estas actuacións forman parte dunha visión de futuro que ten como obxectivo final a creación do gran Campus do Mar de Galicia. Trátase dun proxecto estratéxico co que se «aspira a converter Vigo nun referente internacional en coñecemento, innovación e desenvolvemento científico e tecnolóxico vencellado ao mar».
Tamén en vigoalminuto
- Muere a los 86 años Chuck Norris, leyenda mundial del karate y del cine de acción
- ¿Quieres participar en el rodaje de “Lobo”, la nueva producción de época de Netflix?
- Ya funciona el nuevo ascensor entre Romil e Hispanidad
- Arranca la Reconquista de Vigo
- Una psiquiatra del Álvaro Cunqueiro concluye que la IA acierta en 8 de cada 10 casos de riesgo suicida
- La Policía Nacional incauta cocaína y más de 4.900€ en Bouzas, durante un operativo contra el menudeo
Convenio
Nesta liña, informou de que o Consello da Xunta xa autorizou a sinatura do convenio para a urbanización do ámbito PS-1, clave para dotar de servizos ao conxunto da ETEA e estruturar o futuro campus. A achega da Xunta a este proxecto ascenderá a máis de 10,5 millóns de euros, e só resta que o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca se incorporen ao convenio para poder formalizalo e avanzar nas actuacións.
O presidente insistiu en que a Xunta está preparada para asinar de inmediato, e subliñou que este tipo de proxectos demostran que, cando hai vontade política e responsabilidade institucional, as iniciativas saen adiante e redundan no benestar da cidadanía. “Ten que ser un traballo conxunto das administracións”, indicou.
Ademais da obra no PS-6 e da previsión de urbanizar o PS-, nas próximas semanas se iniciará a tramitación para rehabilitar o edificio da antiga panadaría (PS-5), co obxectivo de transformalo nunha cafetería aberta ao público, que contribúa a dinamizar a zona e a dotala de novos servizos.
Resposta do alcalde
Respondendo ás declaracións de Alfonso Rueda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reprochou á Xunta que «logo de ter abandonada á ETEA durante 15 anos, e outro máis agardando polo borrador do convenio, agora [Rueda] quere que o aprobemos nun mes».
Ademais, Caballero, subliñou que «Zona Franca pagará unha parte moi importante que tería que pagar a Xunta e non o fai, como sempre, Vigo pagando as cousas importantes«.






