Deportes

“En Bici esperando á Volta”: clases de spinning ao aire libre no Pazo deMos

Os días 13, 20 e 27 de xullo

“En Bici esperando á Volta”: clases de spinning ao aire libre no Pazo deMos

O Concello de Mos, en colaboración con Xeiras, organiza tres xornadas de actividade física abertas á veciñanza baixo o título “En Bici esperando á Volta”, en referencia á chegada de La Vuelta Ciclista a España.

Trátase de clases de spinning ao aire libre que se celebrarán os domingos 13, 20 e 27 de xullo, con dúas sesións cada día, ás 09:30 e ás 10:30 horas, no Pazo de Mos. A actividade é gratuíta, con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa no correo electrónico info.xeirass@gmail.com ou no teléfono 613 811 535.

Para participar nesta actividade non é preciso levar material, só se recomenda roupa deportiva cómoda e moitas ganas de participar, facendo deporte ao aire libre. Ademais, durante as sesións haberá música, sorteos, fotos e vídeos para animar aínda máis a experiencia.

«Con esta iniciativa, o Concello de Mos quere promover a práctica de exercicio físico nun ambiente festivo e de preparación para unha das citas deportivas máis importantes do ano, como é a chegada dunha etapa de La Vuelta España a Mos o próximo 9 de setembro».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.