Galicia

Sanidade propón que persoal MIR de 4º ano preste asistencia en pediatría e medicina familiar, durante o verán

É parte do Plan de cobertura da Atención Primaria no período estival

Sanidade propón que persoal MIR de 4º ano preste asistencia en pediatría e medicina familiar, durante o verán

O Consello da Xunta aprobou esta mañá o novo Plan de cobertura da Atención Primaria no verán de 2025, unha iniciativa na que se investirá 12,1 millóns de euros. O obxectivo é “reforzar” e garantir a calidade asistencial “nos servizos de atención primaria” de Galicia durante o período estival.

Segundo o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo lembrou que durante estes meses as necesidades de persoal dos centros de saúde “vense incrementadas” tanto para cubrir as vacacións dos profesionais sanitarios coma polo “importante incremento de poboación nos concellos costeiros”.

Catro medidas

A folla de ruta deseñada pola Consellería de Sanidade estrutúrase ao redor de catro grandes medidas que reforzarán a asistencia sanitaria do primeiro nivel asistencial da rede sanitaria pública. Así, o Servizo Galego de Saúde disporá dun programa extraordinario para a cobertura de necesidades de persoal médico de familia nos puntos de atención continuada (PAC).

Para iso dispón dunha “bolsa de persoal voluntario dispoñible para facer gardas” que, en réxime de localización, poderán chamarse entre 3 e 7 días ao mes para atender as quendas daqueles PAC que o precisen para completar a súa cobertura. Neste momento esta bolsa de voluntarios para cubrir as quendas dos puntos de atención continuada xa suma 149 profesionais.


Tamén en vigoalminuto


Apoio á Atención Primaria

O departamento sanitario da Xunta tamén conta cun programa especial de apoio á atención primaria por parte do persoal médico da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Neste caso, os facultativos do 061 poden participar voluntariamente no programa extraordinario de PAC, aínda que non participe nesas listas. Polo momento, 20 médicos xa se anotaron nesta bolsa específica para estaren dispoñibles ante a necesidade de cubrir gardas destas urxencias de atención primaria.

Polo que se refire ao terceiro dos eixes definidos pola Consellería de Sanidade correspóndese coa posibilidade de participar nunhaoferta de mobilidade temporal cara aos centros de saúde que precisen dun reforzo prioritario”. Cómpre subliñar que esta medida está dispoñible tamén para o persoal doutras comunidades autónomas que acepte prestar os seus servizos nestes centros.

Persoal MIR de cuarto ano

Por último, e tras o éxito do verán pasado, o Servizo Galego de Saúde realizará unha nova encomenda de funcións ao persoal residente MIR de cuarto ano, nas especialidades de pediatría e de medicina familiar e comunitaria. Este ano xa aceptaron participar neste programa de reforzo do verán un total de 95 residentes, unha cifra que pode verse incrementada nas vindeiras semanas.

Sobre este particular, as xerencias das sete áreas sanitarias poderán encomendar ao seu persoal residente en formación, que se atopen nos últimos catro meses do período formativo, o desempeño de funcións que son desenvolvidas ordinariamente polo persoal especialista e que sexan adicionais e extraordinarias respecto ás prestacións propias do seu plan de formación.

A encomenda terá por obxecto realizar unha ou varias das seguintes funcións: atención da consulta ordinaria dun cupo nun centro de saúde, prolongacións de xornada, para a cobertura de ausencias, por riba do seu horario ordinario, realización de gardas nos PAC ou servizos de urxencia hospitalaria.

Te podría interesar