O Concello de Salceda de Caselas reabriu este luns as piscinas municipais, unha nova celebrada con entusiasmo especialmente entre a mocidade, que poderá gozar destas instalación durante os meses centrais do período estival.
As piscinas abrirán ao público de luns a domingo en horario de 15.00 h a 21.00 h. mentres que as mañás de luns a venres estarán reservadas para os cursos de natación que darán comezo o 1 de xullo e que como cada verán se veñen desenvolvendo como actividade de aprendizaxe e lecer.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, defende a «aposta do Goberno municipal por seguir a fomentar as instalación e servizos dirixidos á poboación máis nova, con especial atención á infancia e xuventude», lembrando que «Salceda segue a ser un dos concellos coa media de idade máis baixa de Galicia e coa taxa de crememento máis elevada».
Tempada de verán
A nova tempada de verán comeza con novidades nas instalación trala recente execución da terceira e última fase de reforma das piscinas. Unha obra consistente na mellora das instalacións técnicas que abrangue un cambio no sistema de desinfección mediante a radiación ultravioleta, tamén dos filtros de area, mellora do sistema de desaugue e a conexión ao colector xeral de saneamento.
Unha obra que non altera estructuralmente a instalación, máis que supón unha grande mellora na eficiencia e seguridade do sistema de depuración e evacuación, e que supón o punto e final ás emisión directas ao río Landres, que mantiñan unha situación de risco ambiental e para a fauna acuática, ademáis de supoñer un importante aforro no consumo de cloro.
Tamén en vigoalminuto
- A falta de médicos deixa ao PAC de Cangas-Moaña ao límite da asistencia sanitaria
- Emoción y adrenalina: llega el Campeonato Gallego Absoluto de Taekwondo a Tomiño
- Vigo despedirá la Navidad con una ocupación hotelera del 75 %, en diciembre
- Exigen a la Xunta que no oculte el financiamiento del Gobierno en la vivienda pública
- Desde el lunes, corte de la VG-20 sentido Vigo por las obras de rehabilitación del viaducto de Porto
- Caballero llama «desalmados» a los responsables de la Xunta y los acusa de «engañar» a Inditex
Plan +Provincia da Deputación
Esta obra, cun orzamento de 131.448,47€ está financiada con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas e Plan +Provincia 2024, ambos da Deputación de Pontevedra. Logo da execución nos últimos anos das fases I –140.971,96€ e II 135.177,81€– de mellora, as piscinas municipais de Salceda están xa totalmente renovadas e cos sistemas máis modernos.
O goberno municipal optou por manter as tarifas actuáis para esta tempada 2025 nunha clara aposta pola mocidade local, onde a rapazada ata os 10 anos poderá acceder de xeito gratuíto.






