O pleno de Redondela debate na sesión extraordinaria deste mes o recoñecemento extraxudicial de 192.457,18€ de recibos pendentes. Trátase de facturas tramitadas no Concello a comezos deste ano e que non se puideron pagar de forma ordinaria, xa que correspondían a bens e servizos prestados en 2024. A lexislación establece que, para abonar eses pagos, debe aprobarse no Pleno da Corporación un recoñecemento extraxudicial de crédito.
A alcaldesa, Digna Rivas, pide «responsabilidade» aos grupos municipais de PP e BNG para sacar adiante a proposta –«tombada no pleno de maio por nacionalistas e populares e que os provedores poidan cobrar polos bens e servizos prestados».
Rivas afirma que «o 90% corresponden a provedores de Redondela e o resto a pequenas empresas e autónomos de Redondela», como as facturas dos taxistas polos traslados aos institutos do alumnado das parroquias que non ten transporte escolar. «Este transporte, malia ser competencia exclusiva da Xunta de Galicia, asumiuno o Concello tras un acordo co BNG». Tamén están pendentes de cobrar asociacións culturais polas actuacións realizadas en decembro dentro do convenio interparroquial.
Tamén en vigoalminuto
- Luis Bar Boo: el vigués que murió a manos de Clint Eastwood y se convirtió en Conan
- Desalojo y demolición de dos casas para cerrar un foco de drogas en Sanguiñeda
- Cuatro heridos en dos accidentes de tráfico en Mos y O Porriño
- SIT-FSI mantiene una amplia mayoría en las elecciones sindicales de Stellantis Vigo
- Cuatro coros toman la Porta do Sol para despedir a temporada cultural
- Carolina Leiras cumpre 100 anos no Porriño tras unha vida entre a costura e as viaxes polo mundo
Vía xudicial
A alcaldesa advirte de que, «se o Pleno da corporación non recoñece esta débeda, o único xeito que terán os acredores para cobrar as facturas será reclamándoas pola vía xudicial». O goberno local adinata que isto suporía un grave prexuízo económico, “tanto para os provedores, autónomos e pequenas empresas, como para propio o Concello, que tería que asumir un gasto maior, o que prexudica ao conxunto da veciñanza”.






