Galicia

Elsa Vázquez, cientifica da UVigo, alerta de que o cambio climático está a afectar á produtividade do marisqueo en Galicia

Especialmente ao berberecho e as ameixas xaponesa, babosa e fina

No marco do ciclo ‘Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida’, impulsada po la Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), a catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo Elsa Vázquez, decana da facultade de Ciencias do Mar- que centra o seu labor investigador en facer do marisqueo unha actividade sostible- asegurou que os eventos climáticos extremos, como as vagas de calor ou as precipitacións torrenciais, están a ter un impacto crecente nas especies marisqueiras, especialmente nas que habitan na zona intermareal, como é o caso do berberecho e as ameixa fina, babosa e xaponesa.  

“Existen rexistros documentados de episodios de elevada mortalidade en zonas das Rías Baixas asociados a fortes choivas dende o ano 2000, os cales se traduciron en perdas económicas significativas. Os efectos destes fenómenos non se limitan á mortalidade directa, senón que tamén inclúen consecuencias subletais como o incremento do gasto enerxético derivado da activación das respostas fisiolóxicas de defensa, que reduce o potencial de crecemento e a capacidade reprodutiva destas especies -indicou a doutora Vázquez-.


Tamén en vigoalminuto


Condicionan xa a produtividade dos bancos marisqueiros galegos

Así, manifestou que “os efectos dos eventos extremos están a condicionar xa a produtividade dos bancos marisqueiros galegos e poñen en xaque a súa viabilidade«. Esta situación, «imposta polo cambio climático, representa un reto significativo para o sector», advirte a investigadora, quen entende que o sector «deberá adoptar medidas adaptativas como a monitorización de parámetros ambientais (temperatura, salinidade) nos bancos marisqueiros; o desenvolvemento de modelos de alerta temperá que apoien a toma de decisións; a mellora na recollida de datos sobre os stocks, distinguindo entre mortalidade natural e por extracción; a diversificación das especies explotadas para reducir riscos; e a protección efectiva dos hábitats fronte á contaminación e á presión humana».

Así mesmo, Elsa Vázque cré que «tamén resulta esencial a creación e xestión eficaz de reservas mariñas e outras figuras de protección, que poidan actuar como fontes de larvas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.