A Xunta abre este luns, día 16, e ata o 2 de xullo, o prazo de solicitude para cursar unha titulación de formación profesional (FP) nas 49.164 prazas de novo ingreso habilitadas para o curso 2025-2026 -podes consultar AQUí toda a información-.
Aquelas persoas que estean interesadas poderán escoller entre 251 titulacións diferentes, 40 delas de nova implantación, repartidas en 159 ciclos de grao medio, básico e superior, 28 másters, 31 títulos de alta especialización, 18 formacións aceleradas (de nova implantación) e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.
Prazas
Así, para axilizar ao máximo o proceso de admisión e matrícula, este ano por primeira vez os tres períodos de adxudicación de prazas concentraranse no mes de xullo (ata o de agora había unha adxudicación en setembro).
Oferta | Presentación de Solicitudes | Resolución provisional de solicitudes | 1ª Adxudicación de prazas | Período de matrícula para as persoas admitidas (1ª adxudicación) |
Ordinaria/modular | Do 16 xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h. | 8 de xullo | 15 de xullo | Do 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h. |
FP Dual Intensiva | Do 16 de xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h. | 4 de xullo | 15 de xullo | Do 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h. |
Másteres de FP | Do 16 de xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h. | 8 de xullo | 15 de xullo | Do 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h. |
Formacións Aceleradas | Do 16 de xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h. | 4 de xullo | 15 de xullo | Do 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h. |
A primeira adxudicación de prazas realizarase o 15 de xullo, a segunda o 22 de xullo e a terceira o 29 de xullo. Tras estas tres adxudicacións, do 1 ao 26 de setembro seguirá aberta a adxudicación continua desde os propios centros educativos naqueles ciclos formativos onde queden prazas vacantes.