O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo vén de advertirlle ao Goberno municipal de Abel Caballero de que non pode volver licitar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) “en condicións de precariedade e baixo custe”.
Así o trasladou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após manter esta mañá unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa do SAF, na que participaron as sección sindicais da CIG, CGT e UGT.
Un servizo esencial
Igrexas subliñou que “o SAF é un servizo esencial para a atención de persoas maiores e dependentes”, lembrando que na nosa cidade hai preto de 8.000 persoas con algún grao de dependencia recoñecida e son máis de 14.000 os e as maiores de 65 que viven soas.
Tamén en vigoalminuto
- El Ministerio de Vivienda notifica 227 pisos turísticos ilegales en Vigo
- Una nueva distinción para el nadador vigués Juan Ferrón
- Dos personas pierden la vida en un accidente de tráfico en O Pino
- A Deputación organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+
- El Concello asegura que el oso Carmo, responde al tratamiento, tras confirmarse que padece “diversas enfermedades”
- Tiempo casi veraniego, para empezar la semana
Anulación dos pregos propostos polo Concello
Así, diante da anulación, por resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galiza (Tacgal), dos pregos cos que o Concello de Vigo estaba a tramitar a licitación da xestión do SAF, cuxo actual contrato presta Servisar (do grupo DomusVi) e que vai concluír o 30 de novembro, o BNG defende que esta situación é unha “oportunidade para poñer fin á brutal precariedade que se padece no servizo” e critica a “aberta complicidade” do goberno municipal nesta situación, por “consentir graves incumprimentos e abertas vulneracións dos dereitos laborais”.

‘Atrasos salariais e contratos fraudulentos’
Unha situación marcada, segundo enumerou Igrexas, pola “existencia de atrasos salariais desde xaneiro”, sendo o SAF de Vigo “o único de toda Galiza no que as súas traballadoras inda non recibiron as actualizacións do IPC”. Aliás, denuncia a existencia de “contratos fraudulentos, cunha maioría de xornadas parciais en quendas partidas, en contra do previsto no convenio colectivo”.
Sobrecarga, insuficiencia de axudas técnicas
O portavoz municipal nacionalista tamén aludiu á “enorme sobrecarga” que padecen as máis de 600 traballadoras do servizo, agravada pola insuficiencia de axudas técnicas e medidas ergonomía, A isto engádese, que non se está compensando adecuadamente os custes de desprazamento, e a ausencia ilegal dunha verdadeira avaliación de riscos laborais.
1.200 usuarios e usuarias
É por iso que desde o BNG demandan un “xiro radical de 180º” apostando en dimensionar e alargar o SAF, que neste momento apenas conta con 1.200 usuarias e usuarios e xa ten consumido o cento por cento das horas dispoñíbeis o que impide novas altas malia existir unha ampla lista de agarda. “É inaceptábel que haxa persoas que morren sen ter logrado recibir nin unha soa hora de SAF”, remarcou Igrexas.
Nese sentido, esixen do Goberno municipal que atenda as demandas do persoal para evitar que se volva licitar “un SAF precario e a baixo custe” e defenden que é o momento de estudar, a serio, a posibilidade de remunicipalizar o SAF para que a súa xestión sexa asumida por unha empresa pública municipal.