Galicia

Se vives en Vigo e queres comprar unha bici eléctrica, tes axudas de 500, 600 ata 700€

Mira como solicitalas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, fixo balance este xoves dos resultados do programa EBici para a compra de bicicletas con pedaleo asistido, que acaba de abrir unha nova convocatoria ata novembro de 2026, e destacou o «éxito» da iniciativa que converte á área na «zona con maior número de achegas aprobadas». En total, na comarca viguesa foron solicitadas 1.371 axudas desde que comezou a iniciativa en 2022, o que supón 681.518€ do total de 2,7 millóns de euros co que contou a iniciativa estes tres anos. 

Podes solicitala ata o 13 e novembro de 2016

Ana Ortiz xa anunciou o pasado ano que, ante a «gran resposta da cidadanía», continuaría en marcha e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes confirmou o pasado mes de maio que se abre unha nova convocatoria. Así, as axudas poderán solicitarse ata o 13 de novembro do ano 2026 ou ata que se esgote o crédito en calquera dos establecementos asociados ao programa, que serán os encargados de presentar estas solicitudes para concluír a compra.

O importe destas subvencións parten do 50% do custo cun máximo de 500€ con carácter xeral. As familias numerosas contarán cun 60% de desconto co máximo en 600€ e no caso das familias numerosas de categoría especial ou as persoas con mobilidade reducida as axudas aumentan ata o 70% ou un máximo de 700€ do custo da bicicleta ou dispositivo adaptado para cadeira de rodas.


Tamén en vigoalminuto


Listaxe de establecementos

A listaxe de establecementos asociados pódese consultar a través da páxina web https://ebici.xunta.gal da Dirección Xeral de Mobilidade e irase actualizando segundo avance o programa, xa que compre recordar que o prazo dos establecementos para adherirse a EBici segue aberto, polo que poderán seguir sumándose ata o 31 de agosto do 2026.

Poden adherirse calquera establecemento de Galicia que se dedique total ou parcialmente á venda de bicicletas e serán os encargados de presentar, de xeito electrónico, a solicitude de axuda para completar a compra. De momento, dende a apertura do prazo o 2 de maio, xa se sumaron máis de 80 entidades.

Tamén, as máis de 150 empresas que xa se asociaran na anterior convocatoria poden volver a acceder ao programa a través dunha solicitude simplificada dispoñible ata o 2 de xullo, aínda que se prefiren colaborar máis tarde poderán facelo a través do procedemento ordinario.

Esta nova convocatoria estará dotada con 1,7 millóns de euros, distribuídos en dúas anualidades: 1 millón de euros en 2025 e 700.000 euros en 2026. «Con esta iniciativa, preténdese contribuír a dinamizar o comercio local e estimular a economía dos pequenos establecementos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.