O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu total rexeitamento ao feche da oficina postal do Porto de Vigo, unha decisión que cualifican como «ilóxica» e que consideran un novo recorte no servizo postal público na cidade.
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, anunciou que levarán este asunto ás Comisións Informativas e ao Pleno do Concello para demandar ao alcalde, Abel Caballero, que esixa ao Goberno central a reapertura inmediata desta oficina e a reversión dos recortes aplicados nos últimos anos.
Nunha xuntanza mantida con representantes da sección sindical da CIG en Correos, o Bloque trasladou o seu total apoio á loita contra o feche, que se produciu esta mesma semana. Igrexas destacou que esta medida afecta un dos principais polos de emprego e actividade empresarial da cidade, como é o Porto, e sobrecargará outras oficinas, como a central da Alameda. «Rexeitamos de plano este novo recorte nun servizo esencial, que durante a pandemia foi declarado de carácter prioritario», afirmou.
Igrexas subliña o papel chave de Correos, non só nos servizos postais e de loxística, senón tamén como facilitador do acceso á administración pública e a servizos bancarios. «É incomprensíbel que se queira deixar o Porto de Vigo sen oficina postal, unha decisión que só obedece á política de recortes continuados por parte dunha empresa pública que debería priorizar o servizo á cidadanía», criticou.
Otras noticias
- Muere a los 86 años Chuck Norris, leyenda mundial del karate y del cine de acción
- ¿Quieres participar en el rodaje de “Lobo”, la nueva producción de época de Netflix?
- Ya funciona el nuevo ascensor entre Romil e Hispanidad
- Arranca la Reconquista de Vigo
- Una psiquiatra del Álvaro Cunqueiro concluye que la IA acierta en 8 de cada 10 casos de riesgo suicida
- La Policía Nacional incauta cocaína y más de 4.900€ en Bouzas, durante un operativo contra el menudeo
Recortes no servizo postal en Vigo
Igrexas contextualizou este feche nunha serie de recortes no servizo postal en Vigo, como a recente tentativa fallida de clausurar a oficina do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, a redución de preto de 100 traballadoras e traballadores nos últimos anos e a supresión de servizo nas oficinas os sábados. «Correos debe garantir un servizo á altura da maior cidade de Galiza, revertendo a precarización e os recortes», insistiu.
O BNG esixe que o Concello de Vigo actúe con firmeza para defender os intereses da cidadanía e reclama unha solución urxente que garanta a continuidade dun servizo postal de calidade.






