A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do colexio Chans-Bembrive acaba de recibir a noticia de que a Consellería de Educación non vai executar a obra «prioritaria» este verán, «unha vez máis». Malia que se leva reclamando desde o ano 2021, e que xa se comprometera a realizala no verán de 2024: «Educación afirma agora que non dá tempo a licitar a obra».
Por outra banda, os pais e nais subliñan que a consellería tampouco lle enviou aínda á Valedora do Pobo o informe solicitado por esta a raíz dunha queixa presentada o vindeiro 7 de febreiro.
Informe técnico
A ANPA asegura que dispón dun informe técnico dun arquitecto que constata o estado de deterioro no que se atopa esta instalación: «Las cubiertas de fibrocemento que se han podido observar se encuentran deterioradas y presentan desperfectos que nos les permiten seguir cumpliendo con su función. Asimismo, se observa que, dada la fecha de construcción de las instalaciones y la ausencia de marcas que indiquen lo contrario, el fibrocemento contiene amianto. En ciertas zonas, las placas pueden ser manipuladas directamente por el alumnado. En muchas otras, el fibrocemento está expuesto a golpes o daños que pueden liberar fragmentos de fibrocemento».
Otras noticias
- Muere a los 86 años Chuck Norris, leyenda mundial del karate y del cine de acción
- ¿Quieres participar en el rodaje de “Lobo”, la nueva producción de época de Netflix?
- Ya funciona el nuevo ascensor entre Romil e Hispanidad
- Arranca la Reconquista de Vigo
- Una psiquiatra del Álvaro Cunqueiro concluye que la IA acierta en 8 de cada 10 casos de riesgo suicida
- La Policía Nacional incauta cocaína y más de 4.900€ en Bouzas, durante un operativo contra el menudeo
Procedemento de urxencia
Os responsábeis da ANPA esixen que a obra se tramite seguindo o procedemento de urxencia, que «permite reducir considerablemente os prazos, para poder realizar a obra este verán, porque o alumnado non pode empezar un novo curso nun colexio cuxas instalacións incumpren claramente a lexislación. Estas cubertas en penoso estado provocan continuas filtracións dentro do pavillón, patios cubertos e aulas anexas, que mollan ademais a precaria instalación eléctrica e o interior das instalacións, e impiden en numerosas ocasións a realización de actividades curriculares«.
Vía xudicial
Como xa denunciaron en reiteradas ocasións, «as familias estamos moi preocupadas polas posibles consecuencias na saúde e seguridade dos nosos fillos e fillas, e de non tomarse medidas inmediatas, recorreremos á vía xudicial. Por todo iso esiximos unha actuación urxente por parte de Xunta».






